Tenorio, Cotobade
| Tenorio | |
|---|---|
| Igrexa parroquial. | |
| Concello | Cotobade |
| Área | 13,1 km² |
| Poboación | 1.155 hab. (2006) |
| Densidade | 88,17 hab./km² |
| Entidades de poboación | 15 |
San Pedro de Tenorio é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Cotobade, delimitada por Fragas (Campo Lameiro) e Viascón ó norte, Almofrei e Borela ó sur, Viascón, Rebordelo e Borela ó leste, e San Andrés de Xeve e Bora ó oeste. Está atravesada polo río Tenorio, afluente do río Lérez, que serve de fronteira co concello de Pontevedra.
É a parroquia con maior poboación do concello. Así, segundo o IGE de 2006, tiña 1.155 habitantes (540 homes e 615 mulleres), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un descenso de 6 persoas en comparación co ano anterior.
Índice |
Patrimonio [editar]
No lugar de Parada está o Coto das Rodelas, os restos dun poboado castrexo da idade de ferro.
Na parroquia está o mosteiro de San Pedro de Tenorio, e preto del atopábase o castelo de Tenorio, derrubado na Gran Guerra Irmandiña. Neste castelo naceu o nobre medieval Alonso Jofre Tenorio, fillo de Diego Alonso Tenorio, que participou xunto ao rei Afonso X o Sabio en varias campañas militares.
Represión en Tenorio [editar]
Tralo Alzamento Nacional de xullo de 1936, leváronse a cabo varias accións represivas na parroquia, ben contra habitantes da mesma, ben contra persoas doutros lugares. O 9 de novembro dese ano foron asasinados 6 dirixentes das sociedades obreiras de Lalín: Luís Frade Pazos, José López Bermúdez, Ramiro Granja González, Luís Varela Sobrado, José Montouto Rodríguez e Eliseo Garra Lalín[1].
Cultura [editar]
A Unión Musical de Tenorio ten a súa orixe na Banda de Música Xuvenil 85, formada en 1985 por José Bugallo Diz. Logo de desavenzas a Banda dividiuse, nacendo a Banda de Música Lírica de Tenorio. As dúas agrupacións reunificáronse en 1999, contando actualmente con máis de 40 membros de entre 10 e 35 anos. En 2002 acadou o 3º posto no II certame de bandas da Deputación de Pontevedra.
Once dos membros da Unión Musical forman parte ao tempo da charanga Charandonga de Tenorio, formada en 2007 e cun repertorio máis festivo e actual.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Tenorio, Cotobade.
-
Pan de Tenorio.
Notas [editar]
- ↑ "A masacre dos líderes obreiros de Tenorio", artigo de Manuel Igrexas na web da Asociación Cultural O Naranxo
Lugares e parroquias [editar]
Lugares de Tenorio [editar]
| Lugares da parroquia de Tenorio no concello pontevedrés de Cotobade | |
|---|---|
|
Barro | A Cal | Calvelo | O Castro | Covas | A Esquipa | A Laxe | Lérez | O Outeiral | Parada | Rascadería | O Río Tenorio | A Torre Vella | Tralasmós | Vilanova | Zamar |
Parroquias de Cotobade [editar]
| Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cotobade | |
|---|---|
|
Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Corredoira (San Gregorio) | Loureiro (Santiago) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago) |