Televisión Ferrol Canal 31

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Televisión Ferrol Canal 31
Tipotelevisión local
Data de fundación1988
SedeFerrol
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Televisión Ferrol Canal 31 é unha canle local de televisión de Ferrol, propiedade de Radio Televisión Ferrol S.L, que comezou a emitir en 1988. A emisora quedou fóra das concesións de licenzas para a TDT local de 2006 pero en 2009 unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia anulou as concesións na demarcación de Ferrol outorgándolle unha das autorizacións á emisora[1] polo que puido comezar a emitir en dixital en febreiro de 2010 nesa demarcación que inclúe os concellos de Narón, Fene, Valdoviño, Neda, Mugardos, Ares e San Sadurniño alén da propia cidade de Ferrol.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Canal 31 de Ferrol arrebátalle unha TDT a PRISA" Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo en A Nosa Terra (ligazón rota).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]