Takasaki
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Takasaki na prefectura de Gunma | |||
| Localización da prefectura de Gunma no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Kantō | ||
| Prefectura | Prefectura de Gunma | ||
| Superficie | 487,35 km2 | ||
| Poboación | 368.431 (2009) | ||
| Densidade | 756 h/km² | ||
| Alcalde | Yukio Matsuura | ||
Takasaki (高崎市, たかさきし, Takasaki-shi) é un concello da prefectura de Gunma no Xapón. Está situado ó noroeste da rexión de Kantō e ó suroeste da prefectura, na parte leste da illa de Honshū. A súa superficie é de 487,35 km² e a poboación de 368.431 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 756 h/km².
O concello de Takasaki limita cos concellos de Naganohara, de Higashiagatsuma, de Shibukawa, de Shintō, de Maebashi, de Tamamura, de Fujioka, de Kanra, de Tomioka, de Annaka (son da prefectura de Gunma); de Uesato (da prefectura de Saitama); e de Karuizawa (da prefectura de Nagano).
Índice |
Cidades irmandadas [editar]
Battle Creek,Michigan, EE.UU. (1981)
Santo André, Brasil (1981)
Pilsen, Rexión de Pilsen, Chequia (1990)
Muntinlupa, Filipinas (2006)
Personaxes de sona [editar]
- Takeo Fukuda (福田 赳夫, ふくだ たけお, 1905 - 1995) - Foi burócrata e político, 67º primeiro ministro do Xapón.
- Yasuhiro Nakasone (中曽根 康弘, なかそね やすひろ 1918 - ) - Foi oficial de forza naval e político, e 71º, 72º e 73º primeiro ministro do Xapón.
- Yasuo Fukuda (福田 康夫, ふくだ やすお, 1936 - ) - Foi político, e 91º primeiro ministro do Xapón. Takeo Fukuda é seu pai.