Szombathely

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista aérea de Szombathely - Hungría

Szombathely (latín: Savaria/Sabaria, alemán: Steinamanger, croata: Sambotel, esloveno: Sombotel, eslovaco: Kamenec, serbio: Sombathelj ou Сомбатхељ) é unha cidade de Hungría capital do condado administrativo de Vas no oeste do país, a cidade está localizada preto da fronteira con Austria e ten unha poboación de 80.154 (2005).