Condado de Békés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de armas
HU county Bekes.svg

Condado de Békés (Húngaro: Békés megye; Romanés: judeţul Bichiş; Eslovaco: Békešská župa) é un condado administrativo (megye) situado no sueste de Hungría, na fronteira con Romanía. O condado fai fronteira cos condados húngaros de Csongrád, Jász-Nagykun-Szolnok e Hajdú-Bihar. A capital do condado de Békés é Békéscsaba. O condado forma parte da eurorexión Danube-Kris-Mures-Tisa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Békés está situado na gran chaira húngara. O condado ten unhas precipitacións medias anuais de 645 mm/ano . Un quinto das reservas húngaras de gas atópanse no condado. O río Körös/Criş é o maior río que atravesa o condado.

Demografía[editar | editar a fonte]

O condado ten unha poboación de 392.000 habitantes (2001). Máis do 60 % da poboación vive en vilas. Despois da maioría húngara , as minorías maiores son os eslovacos (7.000), os xitanos (5.000), os romaneses (4.000), os alemáns (1.500) e os serbios (400).

Estrutura rexional[editar | editar a fonte]

A estrutura rexional do condado de Békés é típica da gran chaira húngara: o condado posúe poucas vilas pero as que ten, teñen unha destacable poboación. O 70% da poboación vive en vilas e cidades, o 17% viven na capital do condado.

Cidade con dereitos de condado[editar | editar a fonte]

Fotografía aérea de Békéscsaba

Békéscsaba

Vilas principais[editar | editar a fonte]

(ordenadas por poboación, segundo o censo do 2001)

Gyula (32.967) Vésztő (7.656)
Orosháza (32.052) Mezőkovácsháza (7.026)
Békés (21.657) Battonya (6.747)
Szarvas (18.563) Tótkomlós (6.638)
Gyomaendrőd (15.523) Füzesgyarmat (6.565)
Mezőberény (11.551) Mezőhegyes (6.355)
Sarkad (10.959) Csorvás (5.765)
Szeghalom (10.201) Elek (5.583)
Dévaványa (8.986)