Jász-Nagykun-Szolnok

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de armas do condado
JaszNagykunSzolnokCounty.gif

Jász-Nagykun-Szolnok é un condado administrativo (megye) situado no centro de Hungría. O condado fai fronteira cos condados de Pest, Heves, Borsod-Abaúj-Zemplén, Hajdú-Bihar, Békés, Csongrád e Bács-Kiskun. Os ríos Tisza e Körös atravesan o condado. A capital de Jász-Nagykun-Szolnok é Szolnok. Ten unha área de 5582km² e unha poboación de 411.000 habitantes. Antes de 1990, era coñecido co nome de Szolnok.

Estrutura rexional[editar | editar a fonte]

A maioría da poboación do condado vive nas súas 18 cidades e vilas.

Cidade con dereitos de condado[editar | editar a fonte]

Fotografía aérea de Szolnok - Hungría

Vilas principais[editar | editar a fonte]

(ordenadas por poboación segundo o censo do 2001)

Jászberény (28.293) Kunszentmárton (9.764)
Törökszentmiklós (23.145) Kunhegyes (8.601)
Karcag 22.738) Jászárokszállás (8.240)
Mezőtúr (19.483) Martfű (7.366)
Tiszafüred (13.953) Újszász (6.968)
Kisújszállás (12.869) Jászfényszaru (5.841)
Tiszaföldvár (12.068) Kenderes (5.329)
Túrkeve (10.181) Abádszalók (4.677)
Jászapáti (9.967)