Condado de Veszprém
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Veszprém (en eslovaco Vesprím) é o nome do condado administrativo (megye) situado no oeste de Hungría. Ocupa as colinas Bakony e a beira norte do lago Balaton. O condado comparte fronteiras cos condados de Vas, Győr-Moson-Sopron, Komárom-Esztergom, Fejér, Somogy e Zala. A capital do condado é Veszprém. O río Marcal limita a súa fronteira occidental. O condado ten unha área de 4.613 km² e unha poboación de 375.000 habitantes.
[editar] Estrutura rexional
[editar] Vilas principais
(ordenadas por poboación segundo o censo do 2001)
- Pápa (33.583)
- Ajka (31.971)
- Várpalota (21.682)
- Tapolca (17.914)
- Balatonfüred (13.289)
- Balatonalmádi (8.514)
- Zirc (7.445)
- Sümeg (6.847)
- Berhida (5.927)
- Devecser (5.232)
- Balatonfűzfő (4.337)
- Herend (3.446)
- Badacsonytomaj (2.312)
|
|||||||||||||||||