Suso Peña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jesús de la Peña Santiago Rego, nado en Ribadeo en 1941 e finado na mesma vila o 5 de febreiro de 2005, foi un artista galego, que deixou fonda pegada na súa localidade natal.

Foto do cartel da homenaxe dedicada en Ribadeo a Suso Peña, recollendo un autorretrato.

Índice

[editar] Traxectoria

Está considerado como o primeiro galego que se adicou de xeito profesional á banda deseñada (opinión por exemplo, de Miguelanxo Prado). Tras facer o servizo militar como paracaidista, participou no grupo La Floresta (así denominado por Luis Gasea debido á situación do centro de traballo) a finais dos 1960, xunto a outros autores como Carlos Giménez, Adolfo Usero, Esteban Maroto ou Luís García. Traballou para axencias con cómics de ciencia ficción, aventuras e outros, por un período de vinte e cinco anos nos que viu publicacións súas en América e Europa. Así, por exemplo, realizou, xunto con Carlos Giménez, varios episodios da serie Alex, Khan y Khamar para a axencia de José Ortega, con destino ao mercado europeo, e participou en revistas como Creepy nos eidos da ciencia ficción e as aventuras. Nos oitenta deixou a Banda deseñada para dedicarse á fotografía, docencia, pintura e logo tamén (anos 90) realización de páxinas web. Algunhas das súas obras de b.d. son Cinco por infinito, El hombre de Pinkerton e un libro divulgativo sobre a Constitución española.

[editar] A persoa

Ademais de debuxante, foi fotógrafo, sendo coñecido como 'fotógrafo da ría'.

Ademais das facetas profesionais, destacou como militante ecoloxista, antinuclear e antibelicista, ademais de ribadense que amaba á súa terra. Manifestacións prácticas do anterior son a súa defensa da ría fronte ós recheos, animación social fronte a daquela impulsada central nuclear en Xove, mantedor dos encontros mensuais contra a guerra de Iraq e en lembranza do asasinado José Couso Permuy, a súa participación na Plataforma da Defensa da ría de Ribadeo, impulsor da primeira asociación veciñal de Ribadeo, etc. As anteriores son manifestacións que indican o seu posicionamento persoal e a actividade para manter de xeito efectivo o entorno natural, Ribadeo e as súas ideas fronte ó escurantismo e ás imposicións de poder fronte ás teses cidadáns.

Composición para agradecer ós voluntarios do Prestige. Suso Peña, dec. 2002.

[editar] Curiosidades sobre Suso Peña

O seu carácter afable deixaba á vista unha grande humanidade, que fai remarcar o seu aspecto de actuación social e tamén ecolóxica. 'É unha persoa que nunca quixo ser importante' ou 'deixaba os cacahuetes na fiestra para que os paxaros viñeran alimentarse cando quixeran' manifestan aspectos diversos da personalidade que foron expresados na súa homenaxe.

O día 4 de febreiro de 2006 inaugurouse unha rúa co seu nome no barrio de San Lázaro en Ribadeo.

[editar] Obras

[editar] Series

  • Cinco, por Infinito (Delta 99, 1968); nas tres primeiras entregas, e co colectivo Grupo La Floresta, con guións de Esteban Maroto.
  • Safari en África (Gran Pulgarcito, 1970); con outros autores (guións de Sánchez Pascual)
  • Gringo (1970); con outros autores.
  • La Cobra de Rajasthan / Aventuras en la Selva (Trinca, 1971); co colectivo Grupo La Floresta (guións de Yáñez).
  • La saga de las víctimas (Dossier Negro, 1975).
  • Jeff Blake, el Hombre de Pinkerton (Kung Fu, 1977); con guións de Carlos Echevarría e F. Enríquez.
  • Control (no mensual 1984, 1982); sobre guións propios.
  • Wheeler (Avui, 1983).

[editar] Seriais

Aventuras en la Selva (Euredit: Euroaventuras, 1969). 4 números.

[editar] Publicacións nas que participou

Avui || Bikini Cat || Cimoc (selo Riego) || Comix Internacional + Ilustración || Creepy (época I) || Delta (selo Delta) || Delta 99 || Din Dan || Dossier Negro || Gran Pulgarcito || Gringo || Kung Fu || 1984 || Pulgarcito Extraordinario Verano 1971 || Super Pulgarcito (época II) || Terror Gráfico || Trinca || Vampus

[editar] Monografías

  • El buque pirata (Bruguera: Joyas Literarias Juveniles, núm. 136, 1975); sobre guión de José Antonio Vidal Sales.
  • La cadena de la vida. Fauna africana (Columna; 5 tomos, 1976); con Luis Roca e outros.
  • Solidaridad con El Papus (73 selos editores, 1977); colectiva.
  • El Senado de España (Publicaciones del Senado, 1985); sobre guión de Fernando Guijarro.

[editar] Fotografía

Suso Peña: La Mirada Mágica (Publilar, 2006, ISBN 978-84-611-1666-9), por Daniel Cortezón, Jaime Fernández e Manuel López. Confeccionado tras a súa morte coma homenaxe, recolle fotos, debuxos e banda deseñada.

[editar] Notas

Atlas Español de la Cultura Popular: De la Historieta y su Uso, 1873-2000 (Jesús Cuadrado, Ediciones Sinsentido/ Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2000, ISBN 84-89384-23-1)

[editar] Ligazóns externas

en tebeosfera

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas