Strombolicchio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Strombolicchio
Vista da illa co facho
Localización da illa
Situación
PaísItalia Italia
ProvinciaMessina
ArquipélagoIllas Eolias
MarMar Mediterráneo
CoordenadasCoordenadas: 38°49′02″N 15°15′07″L / 38.817305555556, 15.251972222222
Xeografía
Superficie0,0035 km²
Longura máxima131 m
Largura máxima52 m
Punto máis alto49 m
Demografía
PoboaciónDeshabitada (2010)
Lingua propiaItaliano

Strombolicchio (italiano: Isola di Strombolicchio[1]) é unha gran rocha de orixe volcánica a 2 km ao nordés da illa de Stromboli nas Illas Eolias en Italia.

Características[editar | editar a fonte]

Xeoloxicamente, Strombolicchio é un colo volcánico de basalto moi duro e compactado resistente á erosión, é o resto do volcán orixinal que formou a illa de Stromboli, cuxas erupcións cesaron aproximadamente hai 200.000 anos, cando a actividade volcánica se desprazou 3 km. cara ao suroeste. É a única parte aérea dunha plataforma submarina que se estende entre ela e a illa principal. Está totalmente desprovista de auga e terras de cultivo, polo que está deshabitada.

Un faro alimentado por enerxía solar atópase na súa cima, comunicado por unha escaleira de formigón de máis de 200 pasos. A illa é unha atracción turística de Stromboli.

O nome é un diminutivo de Stromboli. Unha lenda, transmitida polos habitantes de Stromboli, di que Strombolicchio non é máis que a tapa do volcán, lanzada ao mar durante unha violenta erupción.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]