Som Catalans

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Som Catalans
Partido político de Cataluña
Historia
Fundación2014
Posicións políticas
IdeoloxíaIndependentismo catalán
Extrema dereita
Representación
Concelleiros de Cataluña
0 / 9.069
Outros datos
Na rede
www.somcat.cat/

Som Catalans (SOM) é un partido político catalán xenófobo e independentista.[1][2] Foi fundado na primavera de 2014 a partir dunha escisión catalanista de Plataforma per Catalunya.[3]

O partido foi fundado pola vigatana Ester Gallego e o valenciano Enric Ravello. [4] Ester Gallego militara en Esquerra Republicana de Catalunya na década dos 90 e máis tarde en Plataforma per Catalunya . Enric Ravello militara no Círculo Español de Amigos de Europa, no Movemento Social Republicano e, máis tarde, en Plataforma per Catalunya, onde foi responsable das relacións internacionais.[3]

Som Catalans está incluído no movemento identitario.[5] A nivel internacional, mantén relacións cos partidos Vlaams Belang en Flandres, a Liga italiana, Aitheantas Éire en Irlanda e o Casal Europa en Perpiñán, dirixido polo ex-militante da Fronte Nacional Llorenç Perrié.[3][6]

Presentouse ás eleccións municipais de 2015 en Vic sen obter representación.[7] Presentouse ás eleccións municipais de 2019 en Llagostera, Sabadell, Sant Feliu de Guíxols e Ripoll sen obter representación en ningures.[8][9][10][11]

Notas[editar | editar a fonte]