Liga Norte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lega Nord
Partido político de Padania
Mocidades Giovani Padani
Filiación internacional Independencia e Democracia
Historia
Fundación 1991
Posicións políticas
Ideoloxía Rexionalismo e federalismo
Outros datos
Sede Via Bellerio, 41 20161 Milán, Italia
Páxina web www.leganord.org

A Liga Norte (en italiano: Lega Nord) é un partido político de Italia fundado por Umberto Bossi, que conta con apoio exclusivamente nas rexións do norte Italia, e representa o máximo expoñente político do nacionalismo padano.

Actualmente, o programa electoral da Liga Norte propón a descentralización e a federalización do país, mediante un proceso de devolución de competencias que actualmente só exerce o Estado. Outrora o partido defendeu outro tipo de ideais, dende a sinxela demanda de maior autonomía administrativa das rexións, ata a secesión do norte italiano do resto do país. Outros cabalos de batalla son a inmigración ilegal, a promoción das culturas rexionais italianas e a redución de axudas ás rexións do sur do país.

Historia[editar | editar a fonte]

1991: a fusión dos movementos autonomistas do Norte[editar | editar a fonte]

A Liga Norte naceu o 15 de febreiro de 1991 por mor da fusión da Liga Lombarda con varios partidos autonomistas do norte de Italia, como a Liga Véneta, Piemont Autonomista, Liga Emiliano-Romagnola, Alianza Toscana, etc. Pronto se lles engadiron movementos autonomistas doutras rexións: Trentino-Alto Adigio, Friuli-Venecia Julia, Val de Aosta, Umbria, As Marcas, etc. O día da fundación, en Pieve Emanuele (Milán), elixiuse de xeito unánime a Umberto Bossi como secretario federal do partido durante o primeiro congreso federal do mesmo. O movemento destacou nos seguintes anos como un dos máis importantes do norte de Italia, o que leva aos seus candidatos a obter varias administracións locais, algunhas tan importantes como Milán.

Eleccións xerais de 1992[editar | editar a fonte]

En 1992, a Liga Norte conseguiu obter 80 escanos no Parlamento de Roma: 25 senadores e 55 deputados.

Eleccións xerais de 1994: alianza co Polo[editar | editar a fonte]

Con motivo das eleccións xerais de marzo de 1994, a Liga Norte aliouse co empresario Silvio Berlusconi, que se introduciu na política a través da fundación dun partido chamado Forza Italia, e ambos forman durante un curto período de tempo unha coalición de centro-dereita. Berlusconi organizou dúas coalicións, dada a pésima sintonía entre a Liga Norte e a recentemente formada Alianza Nacional (reduto do Movemento Social Italiano): no norte, Forza Italia, Centro Cristián Democrático e presentándose a Liga co nome do "Polo da Liberdade", no sur, en cambio, fixéronse chamar o "Polo do Bo Goberno", con Alianza Nacional e sen a Liga. En 1994, os parlamentarios da Liga subiron ata 180.

A Liga fai que o Goberno cese[editar | editar a fonte]

O Polo vence as eleccións e fórmase o primeiro goberno Berlusconi, que duraría poucos meses, por mor da retirada de apoio por parte da Liga: nun primeiro momento, a asemblea federal da Liga (6 novembro de 1994) presentou un proxecto de Constitución que contempla a división de Italia en 9 macrorrexións; o debate logo centraríase nas pensións. Berlusconi decide que non se pode gobernar cun aliado como Bossi e que non había máis remedio que volver ás urnas. O enfrontamento directo tería lugar poucos días antes do Nadal, cando Berlusconi acusa en directo en televisión a Bossi de traizoar o seu pacto. Bossi, polo seu lado, contraatacaría con duras acusacións e dimite.

Eleccións xerais de 1996: intento de secesión e independencia da Padania[editar | editar a fonte]

Durante as eleccións de 1996 a Liga Norte presentouse soa ás eleccións, conseguindo o 10,4% dos votos a nivel nacional, o que se traduciría en 87 parlamentarios. Esta decisión castigaría ao Polo de centro-dereita, favorecendo a vitoria da nova coalición de centro-esquerda, chamada A Oliveira, que á fronte a Romano Prodi. A causa do forte apoio electoral (30% no Véneto, 25% en Lombardía), o 15 de setembro de 1996 a Liga Norte, radicalizando a súa postura, persegue o proxecto de secesión do norte italiano e convoca unha manifestación ao longo do río Po, que remataría en Venecia coa proclamación por parte de Umberto Bossi, a xeito de provocación, da independencia da Padania.

A Liga na actualmente[editar | editar a fonte]

Nas posteriores citas electorais a Liga sofre un constante descenso no número de votantes (en 2001 consegue o 3,9% dos votos), o que obriga ao partido a volver pactar cos partidos de centrodereita. En 2001, varios membros do partido entran no executivo: Umberto Bossi, por exemplo, convértese en Ministro de reformas e de devolucións, aínda que en marzo de 2004 é substituído por Roberto Calderoli, xa que Bossi vese indisposto por mor dun ictus.

Nas eleccións europeas de 2004 e nas rexionais de 2005, a Liga recupérase dos seus últimos resultados electorais e consegue o 5% e o 5,6% dos votos nacionais, respectivamente. Este repunte confírmase nas eleccións lexislativas de 2008, nas que Bossi solicita algo máis de 3 millóns de votos, o 8,34% do total.

Actualmente, a Liga Norte defende o proxecto federal para o país e oponse á ratífica do Tratado de Lisboa.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]