Movemento Social Republicano
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Movemento Social Republicano (MSR) é un partido político español de ultradereita con sede en Barcelona. A súa ideoloxía é definida por eles mesmos como "nacionalismo revolucionario". Dentro do Movemento hai un sindicato (Unión Sindical de Trabajadores), con sección para estudantes (Unión Sindical de Estudiantes), e unhas xuventudes (Alternativa Joven). Edita unha publicación oficial (Tribuna de Europa) e un boletín informativo (Libertad).