Vlaams Belang
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Vlaams Belang (VB) | |
|---|---|
| Partido político de Flandres e Bruxelas | |
| Líder | Bruno Valkeniers |
| Fundación | 2004 |
| Sede | Madouplein 8 bus 9 1210 Bruxelas |
| Ideoloxía | Independentismo flamengo Conservadorismo |
| Representación | 12 escanos de 150 no Parlamento Belga 2 escanos de 40 no Senado |
| Filiación internacional | Non inscritos |
| Mocidades | Vlaams Belang Jongeren |
| Páxina web | www.vlaamsbelang.org |
O Vlaams Belang (en neerlandés, Interese Flamenco) é un partido político flamengo herdeiro do Vlaams Blok (Bloque Flamengo), ilegalizado en 2004 acusado de promover o racismo e a xenofobia. O Vlaams Belang defínese como republicano, independentista, de dereitas e defensor dos intereses dos flamengos. O seu bastión principal é Antuerpen, cidade na cal nas eleccións do 8 de outubro de 2006 obtivo un 33'51% dos votos. Amósase partidario da expulsión dos inmigrantes ilegais e contrario ó fundamentalismo islámico. O seu eslogan é Eigen volk eerst (Primeiro, o propio pobo). As súas xuventudes son as Vlaams Belang Jongeren.