Matías Corvino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Matías Corvino.

Matías Hunyadi ou Matías I Corvino (en húngaro Corvín Mátyás / Hunyadi Mátyás, en romanés Matei/Mateiaş Corvin), nado en Kolozsvár o 23 de febreiro de 1443 e finado en Viena o 6 de abril de 1490, foi rei de Hungría dende 1458 até a súa morte, gañándose os sobrenomes de "sabio", "bo" e "xusto"; tamén rei de Bohemia, en 1469, ademais de gobernar en Silesia, Moravia e Lusacia.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Kolozsvár (actualmente Klausenburg, en Transilvania, Romanía), segundo fillo de Xoán Hunyadi, un nobre transilvano de orixe romanesa quen foi rexente de Hungría (e morreu nunha campaña contra os turcos en 1456) e de Sabela Szilágyi.

Antes de poder reinar tivo que lidar primeiro co rei Ladislao V o póstumo, quen foi tamén rei de Bohemia. Nestas liortas Ladislao capturou a Matías e ao seu irmán ao que decapitou en 1457. Nese mesmo ano o propio rei tamén morrería, posiblemente por envelenamento. Entón Matías apoiado pola baixa aristocracia e os baróns de Hungría (consideraban que era sabio e sería un gobernante franco), foi proclamado rei pola Dieta celebrada o 20 de xaneiro de 1458.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]