Volt
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Volt (o nome internacional) ou tamén Voltio é a Unidade do SI da tensión eléctrica, derivada a partir do ampere e mais do watt. Foi batizada en honra do físico italiano Alessandro Volta. O símbolo do volt é V.
Volt, no sistema métrico decimal, é unha unidade de medida de diferenza de potencial eléctrico. Un Volt é igual á diferenza de potencial existente entre dúas secións transversais dun condutor percorrido por unha corrente elétrica variable de 1 A, cando a potencia disipada entre as dúas seccións é igual a un Watt.

