Gal (unidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anomalías do campo gravitacional terrestre (expresado en miligal) respecto do valor estimado, considerando a variación do radio terrestre.

O Gal é o nome da unidade de aceleración no sistema CGS, isto é, ao centímetro por segundo-2. O símbolo desta unidade é Gal. Déuselle este nome en honor a Galileo Galilei, quen foi o primeiro en medir a aceleración da gravidade.

Por definición
  • 1 Gal = 1 cm s-2.

A súa equivalencia coa unidade do SI é:

  • 1 Gal = 0,01 m s-2

A aceleración gravitacional da Terra varía entre 976 e 983 Gal.

Non debe confundirse o Gal (aceleración) co "gal" «con minúscula», que é o símbolo do "galón" (unidade inglesa de volume).