Silvia Abascal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silvia Abascal

Silvia Abascal Estrada, nada en Madrid o 20 de marzo de 1979, é unha actriz española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tivo vocación artística desde nena, e aínda que na súa familia ninguén se dedicaba a este mundo, a súa irmá Natalia Abascal, tamén traballou como actriz, compartindo cartel ambas as dúas no filme. A súa primeira oportunidade chegaría da man de Chicho Ibáñez Serrador en 1992, cando foi escollida para ser unha das azafatas do inesquecible concurso Un, dos, tres... responda otra vez, presentado nesa etapa por Jordi Estadella.

O seu primeiro papel relevante como actriz foi en Pepa y Pepe onde compartiu protagonismo con actores como Verónica Forqué, Tito Valverde ou María Adánez en 1994. Curiosamente, máis tarde volveu facer de filla de Valverde en El Comisario, mentres que en Aquí no hay quien viva colaborou nalgúns capítulos interpretando de novo á irmá dun personaxe de María Adánez. En televisión destaca tamén a súa participación na miniserie Don Juan, onde interpretou a Dona Inés en 1997 e, máis recentemente, o seu traballo en Vientos de Agua (2006).

En cinema destacan títulos coma El tiempo de la felicidad (1997), de Manuel Iborra ou La voz de su amo (2001), de Emilio Martínez Lázaro, ademais de multitude de curtametraxes.

Ten realizado estudos de interpretación, baile español e ballet clásico e colabora en numerosos proxectos de ONG'S (como "Unicef" onde foi embaixadora).

A actriz sufriu o 2 de abril de 2011 un infarto cerebral na festa de clausura do Festival de Málaga do que tivo que ser intervida de urxencia para recuperarse despois favorablemente.[1] Reapareceu publicamente a noite do 19 de febreiro de 2012 na entrega da XXVI edición dos Premios Goya.[2]

Durante a súa recuperación escribiu o libro Todo un viaje, publicado en xuño de 2013. Nel, a actriz narra en primeira persoa as súas vivencias a consecuencia do infarto cerebral e as vicisitudes da súa recuperación.

Televisión[editar | editar a fonte]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Premios Goya[editar | editar a fonte]

Unión de Actores[editar | editar a fonte]

Festival de Málaga[editar | editar a fonte]

Festival de Santander[editar | editar a fonte]

  • 2006: Premio homenaxe á súa traxectoria profesional.

Premio Cadena 100[editar | editar a fonte]

  • 2006: Premio dos ouvintes á súa traxectoria interpretativa.

Premio Rojas[editar | editar a fonte]

Festival de Cáceres[editar | editar a fonte]

Festival de Toulouse[editar | editar a fonte]

Festival de San Sebastián[editar | editar a fonte]

  • 1999: Premio Max Faxtor ó rostro máis bonito do cine español.

Fotogramas de Prata[editar | editar a fonte]

  • 1997: Premio á mellor actriz de televisión por Hostal Royal Manzanares.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]