Aquí no hay quien viva
| Aquí no hay quien viva | |
|---|---|
| Formato | Comedia |
| Intérpretes | Malena Alterio Laura Pamplona José Luis Gil Loles León Sofía Nieto Eduardo García Joseba Apaolaza Emma Penella Mariví Bilbao Gemma Cuervo Cook Luis Merlo Fernando Tejero Guillermo Ortega Isabel Ordaz Beatriz Carvajal Elio González Eduardo Gómez Eva Isanta Adriá Collado Vanesa Romero Roberto San Martín Nacho Guerreros Nicolás Dueñas Emma Ozores Ricardo Arroyo Elena Lombao Pablo Chiapella Denise Maestre María Adánez Daniel Guzmán |
| País de orixe | |
| Número de episodios | 90 (en 5 tempadas) |
| Produción | |
| Produtor(es) executivo(s) | José Luis Rodríguez Moreno |
| Localización(s) | Moraleja de Enmedio (Madrid) |
| Emisión orixinal | |
| Canle de orixe | Antena 3 |
| Tempo de emisión | 7 de setembro de 2003 – 6 de xullo de 2006 |
| Ligazóns externas | |
| Páxina web | |
Aquí no hay quien viva foi unha serie de televisión española de ficción baseada no humor, emitida en Antena 3 desde o 7 de setembro de 2003 ata o 6 de xullo de 2006.
Narra a vida dunha peculiar comunidade de veciños de «Desengaño 21»: tres pisos, dúas casas por piso, unha portería e un local contiguo. A serie foi creada por Alberto e Laura, sobriños de José Luis Rodríguez Moreno, produtor da serie.
A serie estivo en prime time durante cinco tempadas na cadea de televisión Antena 3. Despediuse definitivamente nesta cadea en xullo de 2006, tras 90 capítulos, como unha das series máis exitosas da historia, chegando a obtenir o 40% de cota de pantalla e como a serie máis vista da década.[1] Actualmente emítese en Telecinco La que se avecina, a súa adaptación, con gran parte do equipo de actores, guionistas, produtores e técnicos de Aquí no hay quien viva.
Índice |
[editar] Características
Foi creada por Alberto e Laura, sobriños de José Luis Rodríguez Moreno, produtor da serie. Ademais foi producida pola produtora deste, Miramón Mendi. Algúns viron similitudes do argumento con 13, Rue do Percebe, tira cómica creada por Francisco Ibáñez.[2]
A súa banda sonora foi composta e interpretada a cappella polo grupo Vocal Factory. A serie despediuse definitivamente da súa audiencia en xullo de 2006 trala emisión de 90 capítulos.
[editar] Reparto
- Eduardo Gómez, como Mariano Delgado
- Fernando Tejero, como Emilio Delgado
- Gemma Cuervo, como Vicenta Benito
- Mariví Bilbao, como Marisa Benito
- Emma Penella, como Concha de la Fuente
- Luis Merlo, como Mauricio Higalgo "Mauri"
- Adrià Collado, como Fernando Navarro
- José Luis Gil), como Juan Cuesta
- Isabel Ordaz, como Isabel Ruiz "la Hierbas"
- Sofía Nieto, como Natalia Cuesta
- Eduardo García, como José Miguel Cuesta "Josemi"
- Roberto San Martín, como Yago "el Sabrosón"
- Ricardo Arroyo, como Higinio Heredia
- Emma Ozores, como Mamen Heredia
- Denise Maestre, como Candela Heredia
- Elena Lombao, como Raquel Heredia
- Pablo Chiapella, como Alfonso Heredia "Moncho"
- Nicolás Dueñas, como Rafael Álvarez "Batman"
- Malena Alterio, como Belén López "la Golfa"
- Eva Isanta, como Beatriz Villarejo "Bea"
- Vanessa Romero, como Ana "Inga"
- Beatriz Carvajal, como María Jesús Vázquez "la Torrijas"
- Elio González, como Pablo Guerra
- Guillermo Ortega, como Paco
- María Adánez, como Lucía Álvarez "la Pija"
- Daniel Guzmán, como Roberto Alonso
- Marta Belenguer, como Alba
- Laura Pamplona, como Alicia Sanz
- Juan Díaz, como Álex Guerra
- Santiago Ramos, como Andrés Guerra
- Joseba Apaolaza, como Armando Cortés
- Diego Martín, como Carlos de Haro
- Llum Barrera, como Carmen Villanueva
- Mariano Alameda, como Diego Álvarez
- Elisa Matilla, como Lola
- Carmen Balagué, como Nieves Cuesta "la Chunga"
- Loles León, como Paloma Hurtado
- Vicenta N'Dongo, como Rocío
- María Almudéver, como Rosa Izquierdo
- Elisa Drabben, como Rebeca Cortés
[editar] Notas
- ↑ Ramiro Vera (27 de decembro de 2010) Fútbol e 'realities', o máis visto da década. Público. Consultado o 29 de decembro de 2010.
- ↑ 20 Minutos ABC El Mundo