Shimonoseki
|
|||
| Mapa | |||
|---|---|---|---|
| Localización de Shimonoseki na prefectura de Yamaguchi | |||
| Localización da prefectura de Yamaguchi no Xapón | |||
| Información | |||
| País | |||
| Illa | Honshū | ||
| Rexión | Rexión de Chuugoku, Rexión de San'yō, Rexión de San'in | ||
| Prefectura | Prefectura de Yamaguchi | ||
| Superficie | 716,06 km2 | ||
| Poboación | 283.356 (2009) | ||
| Densidade | 396 hab./km² | ||
| Alcalde | Tomoaki Nakao | ||
Shimonoseki (下関市, しものせきし, Shimonoseki-shi) é un concello da prefectura de Yamaguchi no Xapón. Está situado na parte extremo oeste da prefecura e da rexión de Chūgoku, ó extremo oeste da illa de Honshū, na zona da provincia histórica de Nagato. Ten 716,06 km² de superficie e unha poboación de 283.356 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 396 hab./km².
É a cidade máis poboada na prefectura de Yamaguchi.
O concello de Shimonoseki limita pola terra cos concellos de Nagato, de Mine e de San'yōonoda (son da prefectura de Yamaguchi); pola mar co concello de Kitakyūshū (da prefectura de Fukuoka).
Índice |
[editar] Historia
Antigamente no barrio de Chōfu (長府) dentro do concello estaba situada a capital da provincia de Nagato. Chōfu significa a capital ou goberno provincial (国府) de Nagato (長門).
[editar] Turismo e lugar de interés
- Templo sintoista de Akama-jingu (赤間神宮)
- Templo budista de Kōzan-ji (功山寺)
[editar] Galería de imaxes
[editar] Cidades irmandadas
Santos, Estado de São Paulo, Brasil (1971)
Istambul, Turquía (1972)
Busan, Corea do Sur (1976)
Qingdao, China (1979)
Pittsburg, California, EUA (1998)
Kikugawa-shi, Prefectura de Shizuoka , Xapón
[editar] Personaxes de sona
- Kinuyo Tanaka (田中 絹代, たなか きぬよ, 1909 - 1977) - Actriz e directora de cine.