Pan con xamón
| Pan con xamón | ||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
|
||||||||||||||||||||||
|
Pan con xamón é unha novela con certa carga autobiográfica de Charles Bukowski, publicada en 1982 co título orixinal de Ham on Rye. Escrita en primeira persoa, describe a infancia e mocidade do alter ego de Bukowski, Henry Chinaski. Escrita na prosa honesta e sincera de Bukowski, a novela narra a súa adolescencia en Los Angeles durante a Gran Depresión.
Índice |
Ambientación [editar]
Coma as súas obras previas, Ham on Rye está ambientada en Los Angeles, onde o autor creceu. Bukowski mantén as descricións realistas da súa cidade, facendo fincapé na xente que conforma Los Angeles máis que na cidade en si. Este tipo de descrición non venera ou idealiza a cidade, en contraste con outras obras coñecidas como "Novelas de Los Angeles"[1]. As escenas fóra de Los Angeles mostran a Chinaski coma un intruso, coma ao comezo da novela, cando vai coa súa familia a unha plantación de laranxeiros[2].
Protagonista [editar]
Coma nas súas novelas autobiográficas anteriores, Ham on Rye céntrase na vida de Henry Chinaski, nesta ocasión durante a súa infancia e adolescencia. No curso da novela, Bukowski mostra o seu carácter de anti heroe misánthopo, similar ao de obras coma Post Office ou Hollywood. Chinaski, que crece nun barrio pobre en Los Angeles durante a Gran Depresión, aparece converténdose nun perdedor sarcástico. Isto débese en boa parte á súa vida doméstica, onde é golpeado polo seu pai decote, en moitas ocasións sen razón algunha. Convértese nun marxinado por parte dos rapaces da escola, primeiro pola súa nula habilidade para os deportes, e despois polo seu terrible acne.
Chinaski foi comparado co monstro de Frankenstein e co personaxe de Kafka Gregor Samsa por causa da marxinación que lle produce a súa "monstruosa" aparencia[3]. Adoita responder con violencia nos enfrontamentos con aqueles que o marxina, dando unha imaxe de "tipo duro".
Personaxes [editar]
Ao igual que Henry Chinaski, alterego do escritor, o resto dos personaxes das novelas de Bukowski están configurados en base aos modelos de familiares e e amigos do propio autor.[4].
Título [editar]
O título, Ham on Rye, significa literalmente "xamón sobre centeo". Isto é un tipo de sandwich, referíndose a dúas cousas que combinan ben. Segundo certos autores, pode ser unha referencia ao libro de Sallinger Catcher in the Rye (1951), no que se dá outra visión da vida norteamericana trala crise[Cómpre referencia].
A versión galega foi traducida por Eva Almazán e publicada por Faktoría K en 2009. O libro foi traducido entre outros idiomas, ao italiano (Panino al prosciutto), castelán (La senda del perdedor), checo (Šunkový nářez) e sueco (Min oskuld och Pearl Harbor)
Notas [editar]
- ↑ Fontana, Ernest: "Bukowski's Ham on Rye and the Los Angeles Novel". The Review of Contemporary Fiction,1985. 5 (3):4-8 (en inglés)
- ↑ Fontana, Ernest: "Bukowski's Ham on Rye and the Los Angeles Novel". The Review of Contemporary Fiction, 1985. 5 (3): 5 (en inglés).
- ↑ Fontana, Ernest: "Bukowski's Ham on Rye and the Los Angeles Novel". The Review of Contemporary Fiction, 1985. 5 (3): 6 (en inglés).
- ↑ No limiar de Women, a cargo de Niall Griffiths. Virgin Books. UK.