Selectividade
O exame de selectividade é unha proba escrita que realizan os estudantes que desexan acceder a estudos universitarios nas universidades públicas e privadas de España. O dito exame forma parte das Probas de Acceso a Estudos Universitarios (PAU ou PAAU), nos que, ademais da selectividade, computan os dous cursos de Bacharelato.
O exame faise na universidade máis próxima á residencia do alumno, xeralmente durante tres días de mediados de xuño na convocatoria ordinaria, e de setembro na extraordinaria, á que o alumno pode presentarse no caso de non superar a primeira ou no caso de querer subir nota. Dependendo da nota media obtida nas PAU e a media de bacharelato (40% e 60% respectivamente), o alumno poderá escoller a carreira universitaria que queira cursar (a maior nota, maior prioridade para escoller unha carreira) sempre e cando ambas superen o 4 e a media resultante supere o 5 sobre 10: así, a nota de corte é a nota mínima que se emprega coma límite para acceder a unha carreira determinada antes de que se ocupen tódalas prazas ofertadas. Esta nota varía cada ano e dunha universidade a outra.
Índice |
Estrutura anterior a 2010 [editar]
| Sistema educativo español |
|---|
| Réxime xeral |
| Réxime especial |
O exame constaba de, coma mínimo, seis probas escritas. Tres delas eran comúns a tódolos alumnos do país: Lingua castelá e Literatura, Lingua estranxeira e Historia da Filosofía ou Historia). As outras tres probas eran das materias propias da modalidade de Bacharelato escollida polo alumno. Nas comunidades autónomas onde hai linguas co-oficiais, facíase tamén unha proba da segunda lingua oficial e da súa literatura correspondente.
Estrutura actual [editar]
No curso 2009/2010, implantouse un novo modelo de proba para acceder á universidade; a cal consta de 2 partes:
- Común: devandita parte consta de 4 exercicios e no caso de que a comunidade autónoma teña lingua cooficial constará de 5 exercicios, que son:
- Lingua estranxeira (inglés, francés, italiano, portugués ou alemán).
- A elixir entre: Historia de España ou Historia da Filosofía.
- Lingua castelá e Literatura.
- Lingua cooficial (se existise).
- Unha materia de modalidade de segundo de bacharelato (É indiferente se se cursou ou non).
- Específica: Serven para subir a nota ata un máximo de 4 puntos e as materias dependerán da rama escollida en bacharelato, xa que, ademais, segundo a carreira escolleita, terá unha relación coa puntuación; poderase sumar os parámetros de ponderación de 0,1 ou 0,2.