Sebastián Rodríguez Carranza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSebastián Rodríguez Carranza
Biografía
NacementoValladolid Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo , xornalista , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Sebastián Rodríguez Carranza, nado en Valladolid, foi un fotógrafo, xornalista e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante do PSOE. Foi procesado por inxurias ao gobernador civil Manuel Ínsua Sánchez nun artigo publicado no semanario La Hora do 26 de decembro de 1931.[1] En decembro de 1933 foi detido en Marín con Emilio Pardavila pola participación no movemento revolucionario.[2] Nos anos finais da República era veciño de Guitiriz, onde era secretario da Sociedade de Artes e Oficios Varios. Ao estalar a golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o día 24 e ingresou na prisión de Lugo. Acusado de adhesión á rebelión foi xulgado en consello de guerra en Lugo o 22 de febreiro de 1938,[3] foi condenado a cadea perpetua. En marzo de 1939 foi trasladado á prisión de As Palmas de Gran Canaria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 30-12-1933, p. 10.
  2. El Pueblo Gallego, 13-12-1933 p. 11.
  3. El Progreso, 23-2-1938, p. 4.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]