Manuel Ínsua Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Ínsua Sánchez
Biografía
Nacemento23 de abril de 1890
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de outubro de 1966 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Gobernador civil de Pontevedra
Presidente da Deputación da Coruña
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Manuel Ínsua Sánchez, nado na Coruña o 23 de abril de 1890[Cómpre referencia] e finado na mesma cidade o 11 de outubro de 1966,[1] foi un político e empresario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Profesor mercantil e funcionario de carreira. Secretario da Juventud Republicana da Coruña en 1910[2] e membro da Irmandade da Fala da Coruña. Foi elixido concelleiro pola ORGA nas eleccións do 12 de abril de 1931. Foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 31 de outubro de 1931 permanecendo no cargo ata o 22 de maio de 1932. O 15 de xullo de 1932 foi elixido presidente da Deputación da Coruña permanecendo no cargo ata o 9 de febreiro de 1934. Foi destituído como concelleiro en outubro de 1934, ao ter lugar unha alternancia no poder no goberno do concello, sendo relevada a ORGA polo Partido Republicano Radical Socialista. Afiliouse a Izquierda Republicana e foi candidato a compromisario para a elección do presidente da República en abril de 1936. Fundador de Ínsua y Vizoso, empresa de subministracións para a construción. Tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, unha vez instaurada a ditadura, abandonou toda actividade política, dedicándose exclusivamente á súa actividade empresarial.


Predecesor:
Alfredo Somoza
 
Presidente da Deputación da Coruña
 
1932 - 1934
Sucesor:
Victoriano Fabeiro García

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Enriqueta López Freire en 1915[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Voz de Galicia, 12-10-1966, p. 4.
  2. El Noroeste, 12-12-1910, p. 1.
  3. El Noroeste, 13-1-1915, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]