Satenta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Satenta
Actuación de Satenta no 2018. De esquerda a dereita: Adrián, Andrés, David, Cobi e Pascolo
OrixeValga, Galicia Galicia
Período2015-presente
Xénero(s)Punk
MembrosJonatan Losas
Adrián Rivas
Andrés Constantino
David Domínguez
Xacobe Barreiro "Cobi"
Antigos membrosPablo Potel
David González
Na rede
https://satenta.com/

Satenta é unha banda de punk en galego formada no 2015 en Valga, cuxo nome está inspirado na forma en que a xente maior pronuncia certos números, neste caso o 70.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

No 2015, os valgueses Xacobe Barreiro e Andrés Constantino, que se encontraban experimentando cun proxecto de punk chamado Mitose Masculina, os padroneses Adrián Rivas e David Domínguez, e o cesurés Pablo Potel, que formaba parte doutro grupo da zona que acabaría por desfacerse, deciden xuntarse para formar un grupo que deu lugar a Satenta.[2]


Nos primeiros ensaios comezaron a tocar uns temas que tiña Andrés a medio facer, así como a compoñer algún tema novo e a preparar algunha cover. Estes tempos estiveron marcados polas ausencias de Pablo por motivos persoais, as cales fixeron que a evolución do grupo fose lenta. Xa no 2017 e con varios temas propios rematados gravan a demo Lavado Rápido, que incluía O Estrume, Cabrón, Pan con Punk e Pantallas. En setembro dese ano chégalles a oportunidade de tocar no Festivalo de Manselle, compartindo cartel con Secho, Noite Fechada e Nao, no que sería o seu primeiro concerto e dándose a coñecer cos seus propios temas, así como con versións de grupos como Guns N' Roses, The Clash, Blink-182 ou The Offspring.[3]


No 2018, Pablo Potel deixa a banda, xa que, por motivos académicos decide irse a Dinamarca. Isto deixa ao grupo sen voz e cun futuro incerto. O seu sitio ocúpao o valgués, aínda que suízo de nacemento, Jonatan Losas "Pascolo", que entra en Satenta como novo vocalista. Con esta formación aséntaste o grupo e ten presenza en varios festivais coma o III Oeste Rock[4], o II Festiaguiño[5] ou o Mat-Fest[6].

Xa non quedan Señores[editar | editar a fonte]

No 2019 gravan, no estudio Treboada na Coruña, un EP chamado Xa non quedan Señores[7], sendo o seu primeiro traballo de estudio. Este EP inclúe os temas Dame Cambio, Escapar, Pantallas, Os de Sempre, NTK+, San Xoán, e Señores, e foi publicado o 9 de novembro dese mesmo ano. Con motivo desta publicación, programan varios concertos de presentación durante os seguintes meses, dos cales só poden realizar dous debido a que, en xaneiro do 2020, Cobi vese na obriga de deixar a banda por motivos laborais[8].

Deste xeito o grupo atópase sen batería, situación que se lle complica aínda máis coa chegada da pandemia da COVID-19.

Cambios e asentamento da formación[editar | editar a fonte]

En marzo do 2020, ao finalizar o confinamento, incorpórase o batería padronés David González, sendo a súa estrea en directo no festival Rock in Rian 2021[9], onde accederon a tocar despois de ser elixidos como gañadores do concurso realizado polo festival, no cal participaron co vídeo do tema Os de Sempre.

No 2022 dan un concerto nas Festas da Pascua do concello de Padrón, sendo este o último con David na batería, xa que uns meses despois anuncian a súa decisión de deixar o grupo para continuar con outros proxectos[10]. Como consecuencia, volve Cobi[11] e tras un par de concertos no 2023 anuncian nas redes que están preparando un novo traballo nun estudio.

Membros[editar | editar a fonte]

Formación actual[12][editar | editar a fonte]

* Jonatan Losas "Pascolo" Voz
* Adrián Rivas Guitarra
* Andrés Constantino Guitarra
* David Domínguez Baixo
* Xacobe Barreiro "Cobi" Batería

Antigos membros[editar | editar a fonte]

* Pablo Potel Guitarra, voz
* David González Batería

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Orixe do nome de Satenta". Satenta.com. Consultado o 15/03/2022. 
  2. "Biografía oficial de Satenta". Satenta.com. Consultado o 15/03/2022. 
  3. "Festivalo en Satenta.com". Satenta.com. Consultado o 15/03/2022. 
  4. "Oeste Rock en La Voz de Galicia". La Voz de Galicia. Consultado o 23/01/2021. 
  5. "Festiaguiño en La Voz de Galicia". La Voz de Galicia. Consultado o 23/01/2021. 
  6. "Mat-Fest en Satenta.com". Satenta.com. Consultado o 15/03/2022. 
  7. 7,0 7,1 "Xa non quedan Señores, Satenta". Web de Satenta. Consultado o 15/03/2022. 
  8. "Cobi deixa Satenta". Satenta.com. Consultado o 15/03/2022. 
  9. "Satenta no Rock in Rian 2021". Consultado o 30/11/2023. 
  10. "Anuncio saída de David González". Consultado o 30/11/2023. 
  11. "Anuncio da volta de Cobi". Consultado o 30/11/2023. 
  12. "Membros do grupo". Satenta.com. Consultado o 15/03/2022. 
  13. "Demo Lavado Rápido na biografía de Satenta". Satenta.com. Consultado o 15/03/2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]