Santiago (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Santiago
PaísEspaña
Lugar de publicaciónSantiago de Compostela
Lingualingua castelá
Na rede
Galiciana: 5802
editar datos en Wikidata ]

Santiago foi unha revista editada en Santiago de Compostela entre 1900 e 1902.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista literaria, apareceu nas festas do Apóstolo de 1900; os seus primeiros números saíron os días 20, 22, 24, 26 e 28 de xullo. O contido xiraba en torno a Santiago de Compostela, as súas festas e o culto ao Apóstolo. Dirixida por Antonio Iglesias Pardo, os redactores eran Dalmacio Iglesias García e José Posse Villelga, e contou con colaboracións de Waldo Á. Insua, Antonio López Ferreiro, Manuel Murguía, Heraclio Pérez Placer, Aurelio Ribalta, Manuel Curros Enríquez, Jaime Solá, Emilia Pardo Bazán e outros escritores. En 1901 editou cinco números e, en xullo de 1902, sacou os últimos baixo a dirección de Víctor Castro Rodríguez. Cesou a súa publicación nese mesmo xullo de 1902.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]