Zeiformes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sanmartiños expostos á venda nun mercado

Os Zeiformes (Zeiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii), constituída por especies de augas profundas de tódolos océanos.

O nome procede do deus grego Zeus, quizais pola semellanza da aleta dorsal, cos seus longos radios, coa coroa do deus.

Índice

Características [editar]

Presentan un corpo alto e comprimido, de silueta oval e cunha gran cabeza. A liña lateral é curva no centro dos costados. Normalmente, a mandíbula é moi distensible.

Posúen dúas aletas dorsais, con 5 a 10 espiñas, e dúas aletas anais con ningunha a 4 espiñas; as aletas pelvianas poden ter unha espiñas ou ningunha. A aleta caudal é homocerca, con -normalmente- 11 radios ramificados.

Clasificación [editar]

Divídense en sete familias cunhas 33 especies:

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Zeiformes