San Miguel de Tucumán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

San Miguel de Tucumán[1] é a capital da Provincia de Tucumán, situada no noroeste da República Arxentina a 1.311 km da Cidade de Bos Aires. Coñecida como "El Jardín de la República", é a quinta maior cidade de Arxentina , tras Buenos Aires, Córdoba, Rosario e Mendoza. Ademais é a máis importante do Norte arxentino. O crecemento da cidade superou os límites orixinais, levándoa a ocupar territorios dos departamentos circundantes en todas direccións, dando así orixe á conurbación do Gran San Miguel de Tucumán. A súa importancia histórica reside maiormente, entre outras cousas, porque foi nesta cidade onde se produciu a Declaración de independencia de Arxentina o día 9 de xullo de 1816.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Diciopedia do século 21. 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1873. ISBN 9788482893600.