Síndrome hipereosinofílica idiopática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Eosinófilo, célula sanguínea que se atopa nos pulmóns nas eosinofilias pulmonares.

A síndrome hipereosinofílica idiopática é unha doenza pulmonar agrupada dentro do grupo das chamadas eosinofilias pulmonares[1]. É de etioloxía descoñecida. Descríbese como a elevación persistente no reconto sanguíneo de eosinófilos, de xeito que se evidencia unha cantidade de máis de eosinófilos/mm³, coma mínimo durante 6 meses e sen haber causa algunha recoñecíbel, existindo afectación multiorgánica, sobre todo do sistema nervioso, o corazón ou da medula ósea[2]. Tamén poden resultar afectos o aparello respiratorio, producindo tose, dor e dispnea; o sistema dixestivo, os riles e a pel. Existen dúas variantes desta doenza. Unha variante mieloproliferativa, máis agresiva e con frecuente afectación cardíaca, e asociada co xene que codifica unha proteína semellante en actividade á tirosin-cinasa. A segunda variante, a variante linfocítica, asóciase a atopia e elevados niveis de IgE.

O prognóstico é moi variábel, podendo ser dende excelente, cunha recuperación completa, até mortal, por mor da afectación de órganos vitais coma o corazón. O tratamento baséase no uso de corticoides e hidroxiurea. Tamén se poden empregar anticorpos monoclonais como o Mepolizumab.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Harrison Principios de Medicina Interna, 17ª edición; capítulo 249. Pneumonites por hipersensibilidade e infiltrados pulmonares con eosinofilia
  2. Web da aaaai.org

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]