Granulomatose broncocéntrica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

A granulomatose broncocéntrica (GB) é unha doenza que consiste nunha reacción granulomatosa inflamatoria e necrotizante do epitelio bronquial de arredor dos bronquios e bronquíolos. Representa unha doenza englobada dentro do tipo das eosinofilias pulmonares. É unha enfermidade pouco frecuente e de etioloxía descoñecida, denominándoselle moitas veces tamén granulomatose broncocéntrica idiopática. En proporción afecta tanto a homes como a mulleres de igual xeito[1]. Porén, en pacientes asmáticos (aproximadamente un 50% do total), considérase que a etioloxía é unha reacción de hipersensibilidade fronte a antíxenos fúnxicos intrabronquiais[2], posibelmente Aspergillus. En doentes sen asma, a GB vinculouse con outras doenzas autoinmunes e infecciosas, entre elas a artrite reumatoide, a tuberculose, a equinococose, a histoplasmose, a coccidiomicose e a nocardiose[3].

O diagnóstico establécese mediante biopsia e mediante radioloxía, onde ofrece unha imaxe de masa tumoral. Ademais da asma, é frecuente que os pacientes con GB presenten asperxilose broncopulmonar alérxica (ABPA).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bronchocentric Granulomatosis". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2019. Consultado o 12 de agosto de 2019. 
  2. Granulomatosis broncocéntrica asociada a hidatidosis pulmonar; D. Hardissona, M. Nistal y M. Casillas.
  3. Harrison Principios de Medicina Interna, 17a edición; Cap. 255: Doenzas pulmonares intersticiais; Talmadge E. King, jr.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]