Roeland Schaftenaar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roeland Schaftenaar
Información persoal
Nacemento 29 de xullo de 1988 (35 anos)
Países Baixos Utrecht, Países Baixos
Altura 2,10 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Universidade Oregon State (2006–2010)
NBA Draft 2010 / Elección: Sen draftear
Internacional Países Baixos Países Baixos
Carreira 2010−presente
Historial de equipos
UB La Palma (2010−2012) LEB
Breogán (2012−2014) LEB
Rethymno Cretan Kings (2014−2017) A1
Faros Larissas (2017−2018) A1
Ionikos Nikaias (2018−2020) A2
Cáceres (2020−2021) LEB
Básquet Coruña (2021−2022) LEB

Roeland Pieter Schaftenaar, nado en Utrecht o 29 de xullo de 1988, é un xogador internacional profesional neerlandés de baloncesto. Xoga na posición de pivote cunha altura de 2,10 metros.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Roeland Schaftenaar formouse no instituto Gerrit Rietveld College da súa cidade natal, Utrecht. Dende alí marchou cara aos Estados Unidos e a NCAA, xogando para os Beavers da Universidade Estatal de Oregón (Oregon State), onde xogaba coma pivote grazas á súa altura de 2,10 metros. Alí asinou unha media de 9,2 puntos e 4,1 rebotes na tempada 2009-10, sendo elixido no primeiro equipo "All-Academic" da Conferencia Pac-10.

No verán de 2010 o equipo da ACB Gran Canaria 2014 chegou a un acordo co pivote holandés para a súa incorporación ao equipo insular para as seguintes catro tempadas, sendo cedido ao UB La Palma da Liga LEB. Schaftenaar é tamén internacional co combinado nacional dos Países Baixos, co que participou na División B do Eurobasket de Lituania 2011, que buscando o ascenso á División A. En febreiro de 2011, o Gran Canaria 2014 recuperou a Roeland Schaftenaar para suplir a baixa de Sitapha Savané, mais despois o adestrador Pedro Martínez decantouse por Álex López e o neerlandés regresou ao equipo palmeiro. Na tempada 2012-13 o xogador asinou para xogar co Club Baloncesto Breogán de Lugo. Tras dous anos no club lucense, Schaftenaar asina polo Rethymno Cretan Kings, equipo da máxima categoría do baloncesto heleno, onde permanece tres temporadas. Posteriormente xoga para o Faros Larissas e o Ionikos Nikaias, tamén gregos.

O 14 de setembro de 2021, Schaftenaar asinou co Club Básquet Coruña da Liga LEB Ouro.[1]

Equipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]