Rodri Suárez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRodri Suárez
Biografía
Nacemento(es) Alejandro Rodríguez Suárez Editar o valor em Wikidata
1974 Editar o valor em Wikidata (49/50 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata


Alejandro Rodríguez Suárez, máis coñecido por Rodri Suárez, nado na Coruña en 1974 é un xornalista, guionista, escritor e asesor político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como foi xefe da sección de deportes de La Opinión A Coruña entre 2000 e 2007, xefe da sección de política en Xornal de Galicia (2008-2011), e traballou tamén en DxT Campeón, A Nosa Terra e Galicia Confidencial.[1] Amais colaborou en Radio Coruña, Diagonal, Luzes de Galiza, Sermos Galiza, Localia, El País e Cope Galicia[1]. Foi do programa Selección Galega (TVG).

Tras as eleccións municipais de 2015 foi designado asesor técnico de tipo I de alcaldía no Concello da Coruña, como xefe do equipo de comunicación[2][3], após o nomeamento de Xulio Ferreiro como rexedor. O alcalde cesouno o 14 de xaneiro de 2018.[4][5] Rodri Suárez afirmaría que as súas discrepancias con Iago Martínez, xefe de gabinete, foron o principal motivo do seu cesamento. Desde xullo de 2020 forma parte do persoal de confianza da alcaldesa da Coruña, a socialista de Inés Rey.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

Escribiu a letra da canción "O son das túas ondas. Homenaxe ao Deportivo da Coruña" (2014), interpretada polos Diplomáticos de Monte Alto[8].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Galicia Confidencial (GC) - Artigos de Rodri Suarez". www.galiciaconfidencial.com. Consultado o 2017-05-07. 
  2. Xosé Gago (2016-02-28). "La Marea Atlántica gasta más de un millón al año en su personal de confianza". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2017-05-07. 
  3. "Equipo de Goberno - Marea Atlántica". Marea Atlántica. Consultado o 2017-05-07. 
  4. "Ferreiro cesa a su jefe de prensa, que difería de la estrategia del jefe de gabinete". La Voz de Galicia (en castelán). 2018-01-17. Consultado o 2023-02-13. 
  5. SER, Cadena (2018-01-17). "Relevo en el círculo de confianza de Ferreiro". cadena SER (en castelán). Consultado o 2023-02-13. 
  6. "Cambios en el gobierno, en la Administración y las alianzas". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-10-04. Consultado o 2023-02-13. 
  7. "“Os Diplomáticos e o Bravú constitúen o feito cultural máis importante en Galicia dende o grupo Nós”". Praza Pública. Consultado o 2017-05-07. 
  8. Pereiro, Xosé Manuel (2014-05-30). "Os Diplomáticos vuelven a Monte Alto". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2017-05-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]