Localia Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Localia Coruña é unha televisión local da cidade da Coruña. É propiedade do grupo de comunicación UTEGA. Localia Coruña emite a través da canle 31 pola Televisión Dixital Terrestre na demarcación da Coruña, que inclúe os concellos de Oleiros, Arteixo, Culleredo, Cambre, Betanzos, Sada, Bergondo, Abegondo e Carral alén da capital provincial. Formou parte como asociada da cadea estatal Localia TV ata que esta cesou as súas emisións a comezos de 2009. Ademais de espazos propios, comparte programación coas outras canles de Localia de Galicia e ten un acordo coa distribuídora Central de Telecontenidos para acceder ao seu catálogo audiovisual.