Rodocrosita
| Rodocrosita | |
|---|---|
| Cristais de rodocrosita | |
| Fórmula química: | MnCO3 |
| Clase: | Carbonatos |
| Subclase: | |
| Sistema cristalino: | Triclínico |
| Cor: | Rosa, vermella, parda e grisácea |
| Brillo: | Vítreo |
| Dureza: | 3,5-4 |
| Fractura: | Irregular |
| Exfoliación: | Perfecta, segundo as caras do romboedro basal |
| Raia: | Branca |
| Densidade: | 3,3-3,6 g/cm3 |
A rodocrosita (do grego rhodon que significa rosa) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é MnCO3 (contén aproximadamente un 61% de MnO).
Índice |
Aspecto [editar]
A rodocrosita preséntase en forma de cristais de formas pouco definidas formando agregados abombados, radiados ou en forma de estalactitas e costras. A súa cor característica é a rosa aínda que tamén pode adoptar outras como a vermella ou a parda, sendo a máis rara a rodocrosita de cor gris.
Ademais a rodocrosita pode conter na súa composición diferentes elementos engadidos. Segundo a aparición destes, podemos diferenciar 3 minerais que forman parte da serie isomorfa da rodocrosita. Estes son o ferro (rodocrosita de ferro), o calcio (rodocrosita de calcio) e o zinc (rodocrosita de zinc).
-
Rodocrosita de cor rosada con cuarzo
Lugares onde se atopa [editar]
Este mineral crece en filóns hidrotermais e en rochas metamórficas, facendo tamén aparición en zonas de oxidación. Adoita asociarse á limonita, á rhodonita e ó cuarzo.
Dous dos xacementos máis importantes do mundo atópanse na Arxentina e no Colorado (Estados Unidos).
En España podémola atopar en Huelva e Cáceres, en xacementos de silicatos de manganeso e calcita respectivamente.
Usos da rodocrosita [editar]
Debido a que ten unha gran concentración de MnO na súa composición, a rodocrosita é utilizada como mena para a extracción de manganeso.
É utilizada tamén en xoiería e como pedra ornamental.
Outros carbonatos [editar]
Outros carbonatos de importancia son a calcita e a aragonita.