Robert Mitchum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Mitchum
Robert mitchum.jpg
Nacemento Robert Charles Durman Mitchum
6 de agosto de 1917
Bridgeport, Connecticut
Falecemento 1 de xullo de 1997
Santa Barbara, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Profesión Actor
Cónxuxe(s) Dorothy Spence (1940–97)
Ficha na IMDb

Robert Charles Durman Mitchum, nado en Bridgeport (Connecticut) o 6 de agosto de 1917 e finado en Santa Barbara (California) o 1 de xullo de 1997 foi un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando era neno, Mitchum meteuse en moitos problemas, pasando a vivir cos seus avós e logo coa súa irmá maior, ata que marchou de casa, viaxando polo condado e probando distintos empregos. Aos catorce anos foi arrestado por vagabundo e encerrado no cárcere local. Fuxiu e volveu coa súa familia a Delaware. Pouco despois volveu a marchar, viaxando a California.

Chegou a Long Beach en 1936, quedando na casa da súa irmá. O resto da súa familia uniuse a eles pouco despois. Neste tempo traballou como “negro” dunha astróloga, Carroll Righter. Foi a súa irmá a que o convenceu de unirse con ela á compañía teatral da cidade. En 1940 marchou á costa leste para casar con Dorothy Spence, á que coñecera uns anos antes.

Tras traballar como operario, unha crise nerviosa levou a Mitchum a buscar traballo como actor ou extra en filmes. Grazas a un axente que coñecera conseguiu o papel de malvado unha serie de filmes en 1942 e 1943. Tras impresionar o director Mervyn LeRoy durante a rodaxe de Thirty Seconds Over Tokyo, Mitchum conseguiu un contrato de sete anos coa RKO Radio Pictures.

En 1945 foi emprestado á United Artists para o filme The Story of G.I. Joe, de William A. Wellman, que conseguiu catro candidaturas ao premio Oscar incluída a única de Mitchum como oscar ó mellor actor de reparto. O éxito destes filmes fixo que pasase de series B ao cinema negro, onde realizaría algúns dos seus mellores papeis.

En 1948 foi detido xunto coa actriz Lila Leeds por posesión de marihuana, motivo polo que pasou unha semana no cárcere local e corenta e tres días nunha granxa-prisión, arrodeado polos fotógrafos da revista Life. Os filmes que estreou tras o arresto foron éxitos de público.

En 1955 foi o protagonista de The Night of the Hunter, único filme dirixido por Charles Laughton, considerada unha das súas mellores interpretacións.[1][2] Ese mesmo ano fundou DRM (Dorothy and Robert Mitchum) Productions, coa que produciu cinco filmes para a United Artists.[3]

Na década de 1960 e de 1970, despois de Cape Fear, interveu en filmes menores. Tamén desenvolveu unha carreira como cantante.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • Hoppy Serves a Writ (1943)
  • The Human Comedy (1943)
  • Aerial Gunner (1943)
  • Border Patrol (1943)
  • Follow the Band (1943)
  • Leather Burners (1943)
  • Colt Comrades (1943)
  • We've Never Been Licked (1943)
  • Lone Star Trail (1943)
  • Beyond the Last Frontier (1943)
  • Corvette K-225 (1943)
  • Bar 20 (1943)
  • Doughboys in Ireland (1943)
  • False Colors (1943)
  • Minesweeper (1943)
  • The Dancing Masters (1943)
  • Cry 'Havoc' (1943)
  • Riders of the Deadline (1943)
  • Gung Ho! (1943)
  • Johnny Doesn't Live Here Any More (1944)
  • Mr. Winkle Goes to War (1944)
  • When Strangers Marry (1944)
  • Girl Rush (1944)
  • Thirty Seconds over Tokyo (1944)
  • Nevada (1944)
  • The Story of G.I. Joe (1945)
  • West of the Pecos (1945)
  • Till the End of Time (1946)
  • Undercurrent (1946)
  • The Locket (1946)
  • Pursued (1947)
  • Crossfire (1947)
  • Desire Me (1947)
  • Out of the Past (1947)
  • Rachel and the Stranger (1948)
  • Blood on the Moon (1948)
  • The Red Pony (1949)
  • The Big Steal (1949)
  • Holiday Affair (1949)
  • Where Danger Lives (1950)
  • My Forbidden Past (1951)
  • His Kind of Woman (1951)
  • The Racket (1951)
  • Macao (1952)
  • One Minute to Zero (1952)
  • The Lusty Men (1952)
  • Angel Face (1952)
  • White Witch Doctor (1953)
  • Second Chance (1953)
  • She Couldn't Say No (1954)
  • River of No Return (1954)
  • Track of the Cat (1954)
  • Not as a Stranger (1955)
  • The Night of the Hunter (1955)
  • Man with the Gun (1955)
  • Foreign Intrigue (1956)
  • Bandido (1956)
  • Heaven Knows, Mr. Allison (1957)
  • Fire Down Below (1957)
  • The Enemy Below (1957)
  • Thunder Road (1958)
  • The Hunters (1958)
  • The Angry Hills (1959)
  • The Wonderful Country (1959)
  • Home from the Hill (1960)
  • A Terrible Beauty (1960)
  • The Sundowners (1960)
  • The Grass Is Greener (1960)
  • The Last Time I Saw Archie (1961)
  • Cape Fear (1962)
  • The Longest Day (1962)
  • Two for the Seesaw (1962)
  • The List of Adrian Messenger (1963)
  • Rampage (1963)
  • Man in the Middle (1963)
  • What a Way to Go! (1964)
  • Mister Moses (1965)
  • El Dorado (1967)
  • The Way West (1967)
  • Villa Rides (1968)
  • Anzio (1968)
  • 5 Card Stud (1968)
  • Secret Ceremony (1968)
  • Young Billy Young (1969)
  • The Good Guys and the Bad Guys (1969)
  • Ryan's Daughter (1970)
  • Going Home (1971)
  • The Wrath of God (1972)
  • The Friends of Eddie Coyle (1973)
  • The Yakuza (1974)
  • Farewell, My Lovely (1975)
  • Midway (1976)
  • The Last Tycoon (1976)
  • The Amsterdam Kill (1977)
  • The Big Sleep (1978)
  • Matilda (1978)
  • Breakthrough (1979)
  • The Agency (1980)
  • Nightkill (1980)
  • That Championship Season (1982)
  • The Ambassador (1984)
  • Maria's Lovers (1984)
  • Promises to keep (1985)
  • Reunion at Fairborough (1985)
  • Mr. North (1988)
  • Scrooged (1988)
  • Midnight Ride (1990)
  • Supposedly Dangerous (1990)
  • Cape Fear (1991)
  • The Seven Deadly Sins (1992)
  • Woman of Desire (1993)
  • Tombstone (1993)
  • Backfire! (1995)
  • Dead Man (1995)
  • Pakten (1995)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Part 2: The Dark Side: 100 Essential Male Film Performances". Popmatters.com. http://www.popmatters.com/pm/feature/108754-part-2-the-dark-side/P2. Consultado o 10 de outubro de 2012.
  2. Ebert, Roger (20 de abril de 2010). Great Movies: The Night of the Hunter. Chicago Sun-Times. http://rogerebert.suntimes.com/apps/pbcs.dll/article?AID=/19961124/REVIEWS08/401010344/1023.
  3. Roberts, Jerry (2000). Mitchum: In His Own Words. Limelight Editions. pp. 208.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Mitchum Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mitchum, John. Them Ornery Mitchum Boys: The Adventures of Robert and John Mitchum. Pacifica, California: Creatures at Large, 1989. ISBN 0-940064-07-3.
  • Sound, Owen. TCM Film Guide: Leading Men: The 50 Most Unforgettable Actors of the Studio Era. San Francisco, California: Chronicle Books, 2006. ISBN 0-8118-5467-1.
  • Tomkies, Mike. The Robert Mitchum Story: "It Sure Beats Working". New York: Ballantine Books, 1972. ISBN 978-0-49100-962-1.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]