Charles Laughton
| Charles Laughton | |
|---|---|
Charles Laughton en 1940 |
|
| Nacemento | Charles Laughton 1 de xullo de 1899 Scarborough, Inglaterra |
| Falecemento | 15 de decembro de 1962 Los Angeles |
| Profesión | Actor, director, guionista e produtor de cine e de teatro. |
Charles Laughton, nado en Scarborough, Yorkshire, Inglaterra, o 1 de xullo de 1899 e finado en Los Angeles, Estados Unidos, o 15 de decembro de 1962, foi un actor, guionista, produtor e director de cine e de teatro británico nacionalizado estadounidense. Billy Wilder dixo de el que era o máis grande de todos os actores[1].
Índice |
Traxectoria [editar]
Laughton salientou sobre todo pola súa actividade como actor, que o levou a conseguir un Oscar ó mellor actor en 1934 pola súa interpretación do rei inglés Henrique VIII no filme The private life of Henry VIII (A vida privada de Henrique VIII, en tradución literal ao galego), dirixido por Alexander Korda. Era coñecido pola súa intensa aplicación no traballo, xa que consideraba o exercicio da actuación non coma unha profesión, senón coma unha arte creativa á altura da música ou da literatura.
Principiou a súa carreira no teatro, onde debutou en 1913 da man de Charles Hawtrey. A súa incursión no mundo do cine non chegaría ata 1928, participando dende aquela, só como actor, en máis de 50 películas, entre as que cómpre salientar, ademais da xa citada, Mutiny on the Bounty (1935; Rebelión a bordo), I, Claudius (1937; Eu, Claudio), Jamaica Inn (1939) ou Spartacus (1960).
Como director só asinou unha película, The night of the hunter (1954; A noite do cazador).
Filmografía [editar]
Como actor [editar]
- Bluebottles, The Tonic, Daydreams (1928)
- Piccadilly (1929)
- Wolves (1930)
- Down River (1931)
- The Old Dark House (1932)
- The Devil and the Deep (1932)
- Payment Deferred (1932)
- The Sign of the Cross (1932)
- If I Had a Million (1932)
- Island of Lost Souls (1932)
- The Private Life of Henry VIII (1933)
- White Woman (1933)
- The Barretts of Wimpole Street (1934)
- Ruggles of Red Gap (1935)
- Les Misérables (1935)
- Mutiny on the Bounty (1935)
- Rembrandt (1936)
- I, Claudius (1937)
- Vessel of Wrath (1938)
- St. Martin's Lane (1938)
- Jamaica Inn (1939)
- The Hunchback of Notre Dame (1939)
- They knew what they wanted (1940)
- It Started with Eve (1941)
- The Tuttles of Tahiti (1942)
- Tales of Manhattan (1942)
- Stand by for Action (1943)
- Forever and a Day (1943)
- This Land Is Mine (1943)
- The Man from Down Under (1943)
- The Canterville Ghost (1944)
- The Suspect (1944)
- Captain Kidd (1945)
- Because of Him (1946)
- Arch of Triumph (1947)
- The Big Clock (1947)
- The Paradine Case (1948)
- A Miracle can Happen (1948)
- The Girl from Manhattan (1948)
- The Bribe (1949)
- The Man on the Eiffel Tower (1949)
- The Blue Veil (1951)
- The Strange Door (1951)
- O. Henry's Full House (1952)
- Abbott and Costello Meet Captain Kidd (1952)
- Salome (1953)
- Young Bess (1953)
- Hobson's Choice (1954)
- Witness for the Prosecution (1957)
- Sotto dieci bandiere (1960)
- Spartacus (1960)
- Advise and Consent (1962)
Como director [editar]
- The Night of the Hunter (1954)