Mervyn LeRoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mervyn Leroy (15 de outubro, 1900 - 13 de setembro, 1987) foi un director de cine, produtor e actor norteamericano. Nacido de pais xudeus en San Francisco, California, a súa familia arruinouse co terremoto de 1906. Para gañar diñeiro vendeu periódicos e comezou a cantar. Comezou traballando en cine mudo.

En 1938 foi elixido como cabeza de produción de MGM. Grazas a el os estudos produciron O mago de Oz (1939). foi responsábel do descubrimento de Clark Gable, Loretta Young, Robert Mitchum e La Turner.

Nos anos 50 dirixiu diversos musicais. Así como a película Quo Vadis?.

Foi nomeado en 1943 como Mellor Director por Random Harvest e en 1940 como produtor de O mago de Oz (1939). Ademais recibiu o Oscar Honorífico en 1946.

Leroy retirouse en 1965 e escribiu a súa autobiografía Take One, en 1974. Morreu en Beverly Hills, California. Ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood en 1560 Vin Street.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]