White Witch Doctor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

White Witch Doctor
Ficha técnica
DirectorHenry Hathaway
ProdutorOtto Lang
GuiónLouise A. Stinetorf (novel)
Ivan Goff
Ben Roberts
IntérpretesSusan Hayward
Robert Mitchum
Walter Slezak
MúsicaBernard Herrmann
FotografíaLeon Shamroy
MontaxeJames B. Clark
Distribuidora20th Century Fox
Estrea1 de xullo de 1953
Duración96 min
OrixeEEUU
LinguaEnglish
Na rede
IMDB: tt0046547 Filmaffinity: 295062 Allocine: 52439 Allmovie: v116828 TCM: 95701 Editar o valor em Wikidata

White Witch Doctor é un filme de aventuras realizado pola 20th Century Fox, dirixido por Henry Hathaway e producido por Otto Lang cun guión de Ivan Goff e Ben Roberts, baseado na novela do mesmo título publicada por Louise A. Stinetorf en 1950. A música é de Bernard Herrmann, e é notable polo uso do serpentón, un instrumento obsoleto. A acción acontece no Congo Belga en 1907 cando unha enfermeira procedente dos Estados Unidos pretende chegar á consulta dun doutor branco no medio de África, un aventureiro ofrécese a levala, e no medio de múltiples aventuras chega o amor.

Produción[editar | editar a fonte]

Aínda que Henry Hathaway filmou en África, a maioría filmouse nun estudio da Fox.[1] O xefe do estudio Darryl F. Zanuck pediu que lle engadisen á historia orixinal de Stinetorf, que fora misioneira en Palestina durante dous anos,[2] unha trama con acción e unha historia de amor.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Reid, John These Movies Won No Hollywood Awards Lulu.com, 2005, p. 206
  2. VV.AA. Indiana authors and their books, 1917-1966 Wabash College, 1974, p. 667
  3. Behlmer, Rudy Memo from Darryl F. Zanuck: The Golden Years at Twentieth Century-Fox Grove Press, 1995, p. 208