SDC San Antonio (balonmán)
| Nome do club | Sociedad Deportiva Cultural San Antonio | ||
| Fundado | 1955 | ||
| Pavillón | Pavillón Universitario de Navarra, Pamplona |
||
| Capacidade | 3.000 | ||
| Presidente | |||
| Entrenador | |||
| Liga | Liga ASOBAL | ||
| 2009-10 | 6º (Liga ASOBAL) | ||
| Equipacións |
|
A sección de balonmán da Sociedad Deportiva Cultural San Antonio ou AMAYA Sport San Antonio por motivos de patrocinio, é un equipo de balonmán de Pamplona (Navarra) que actualmente compite na Liga ASOBAL. O club foi fundado en 1955.
Índice |
Historia [editar]
O club foi fundado en 1955. A tempada 1971-72 foi decisiva para o club pamplonés o 19 de marzo de 1972 o San Antonio logrou o primeiro ascenso á División de Honra, o 9 de abril proclamouse Campión de España de Primeira División (no encontro ante o Roca Gava que os de Pamplona lleváronse por 20-23.
A temporada 79-80 foi unha das máis negras da súa historia deportivamente falando. Ángel Hermoso de Mendoza adestraba aquel ano ao equipo patrocinado por Ronkari, que perdeu a categoría na última xornada (Covadonga 25- San Antonio 22). Non foi ata o 28 de maio de 1989 cando o club conseguíu o ascenso á División de Honra "A" en Pamplona no Pavillón Arrosadia contra o Ciudad Real dirixido por Zupo Equisoain. Na Liga ASOBAL o equipo chamouse Mepamsa San Antonio, estando catro tempadas e renunciando á máxima categoría por problemas economicos o 23 de xullo de 1993.
Tras dous anos na División de Honra B, o Ariston San Antonio obtén en Oviedo o ascenso á Liga ASOBAL. Dirixido por David García, gañaron ao Ciudad de Naranco por 19-24. Durante estas dúas tempadas, el serbio Goran Dzokic foi o máximo goleador do equipo, sendo un xogador decisivo na historia do club.
Entre 1995 e 1997, Seguros Lagun Aro encargouse de ofrecer a tranquilidade económica ao club. Sen embargo, foi a entrada de Cementos Portland en 1997 o que trocou o futuro do club, que en 1998 comezaría un ascenso fulgurante ao finalizar a Liga ASOBAL na segunda posición e desputar a final fronte ao FC Barcelona, na que perdeu por 35-27, 32-20 e 25-29.
O 14 de febreiro de 1999 o Portland San Antonio conquista o seu primeiro título ao gañar a Copa do Rei ao FC Barcelona por 32-29 no Polideportivo Pisuerga de Valladolid.
O 30 de abril do 2000 chegou o primeiro título continental do equipo navarro ao conquistar a Recopa de Europa ante o Dunaferr húngaro, tras gañar no partido de ida desputado en Pamplona por 28-19, e perder en Hungría por 26-20. Un ano despois o equipo navarro levou outro novo título continental ás súas vitrinas, desta vez a máxima competición do balonmán europeo, a Copa de Europa, logo de manter no Palau Blaugrana a vantaxe conseguida en Pamplona (30-24) fronte ao FC Barcelona, a pesar de perder por 25 a 22 na volta desputada en Barcelona.
2001 foi sen dúbida o ano máis exitoso da sección de balonmán, xa que conseguíu gañar dous títulos máis. O 16 de setembro o San Antonio conseguíu a Supercopa de España, derrotando ao Caja España Ademar, que caeu por 26-24 en Pamplona. O 27 de maio xa gañara por segunda vez na súa historio a Copa do Rei, desputada fronte ao Ciudad Real, que xogaba na casa e chegaba por primeira vez á final.
O 9 de maio do 2002 chegou o primeiro título de Liga ao palmarés do equipo navarro, o título que máis se lle resistira supuxo o broche de ouro á tempada. Ese mesmo ano chegaría a segunda Supercopa de España logo de vencer ao Ademar por 33 a 27.
Na tempada 2003-04 chegou un novo título europeo logo de venceren por ao BM Valladolid na final da Recopa de Europa por 30-31 en Valladolid e 30-26 en Pamplona.
Os dous últimos títulos do club navarro ata a data chegaron no 2005, cando gañou a súa segunda liga por diante do Ciudad Real e, máis tarde a súa terceira Supercopa de España, logo de gañar, como xa ocorrera na Recopa de Europa, ao Balonmán Valladolid na final por 29-27 en Málaga.
Palmarés [editar]
- Liga ASOBAL 2 títulos
-
- Campión: 2001-02 e 2004-05
- Subcampión: 1997-98, 1999-00 e 2006-07
- Copa do Rei 2 títulos
-
- Campióne: 1998-99 e 2000-01
- Subcampión: 1997-98
- Supercopa de España 3 títulos
-
- Campión: 2001-02, 2002-03 e 2005-06
- Subcampión: 1999-00
-
- Subcampión: 1999-00, 2000-01, 2001-02, 2004-05, 2005-06 e 2006-07
- Copa de Europa 1 título
-
- Campión: 2000-01
- Subcampión: 2002-03 e 2005-06
- Recopa de Europa 2 títulos
-
- Campión: 1999-00 e 2003-04
- Supercopa de Europa 1 título
-
- Campión: 1999-00
- Subcampión: 2001-02
Tódolos títulos acadados polo club baixo a dirección do navarro e canteirán Zupo Equisoain. O gran artífice do éxito do San Antonio baixo a súa xestión como presidente foi Fermín Tajadura, xa finado.
Plantilla 2010-2011 [editar]
|
Adestrador : Juanto Apezetxea
Patrocinadores [editar]
- 1968-1969: Kaiku, Primera División, dos temporadas.
- 1971-1972: Werner, Primera División, una temporada.
- 1972-1977: Schweppes, División de Honor, cinco temporadas.
- 1977-1978: Sin Patrocinio, División de Honor, una temporada.
- 1978-1979: Reynolds, División de Honor, una temporada.
- 1979-1980: Ronkari, División de Honor, una temporada.
- 1980-1981: Chistu, Primera División, una temporada.
- 1981-1982: Berberana, Primera División, una temporada.
- 1982-1983: Vinos de Navarra, Primera División, una temporada.
- 1983-1984: Garsa, Primera División, una temporada.
- 1984-1987: Larios, Primera División, tres temporadas.
- 1987-1989: Espárragos de Navarra, 1ª División, dos temporadas.
- 1989-1993: Mepamsa, Div.Honor, (ASOBAL), cuatro temporadas.
- 1993-1994: Proedina, Primera División, una temporada.
- 1994-1995: Ariston, Primera División B, una temporada.
- 1995-1997: Lagun Aro, División de Honor, (ASOBAL), dos temporadas.
- 1997-2008: Cementos Portland, División de Honor, (ASOBAL), nueve temporadas.
- 2009-2010: Reyno de Navarra, División de Honor, (ASOBAL) , una temporada.
- 2009-actualidade: Amaya Sport, División de Honor, (ASOBAL).