Revista de Galicia (1880)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Revista de Galicia
PaísEspaña
LugarA Coruña
Lingualingua castelá
Fundación1880
Na rede
Galiciana: 3968
editar datos en Wikidata ]

Revista de Galicia foi unha revista literaria que se publicou na Coruña en 1880.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu o 4 de marzo de 1880 como revista literaria semanal, pero posteriormente pasou a ser mensual. Estaba dirixida por Emilia Pardo Bazán e no primeiro número a directora presentaba o programa e sinalaba que tiña a encomenda de "difundir la cultura y el amor a la belleza, depurar el gusto artístico y favorecer la investigación de la verdad". Entre os seus colaboradores figuraron Juan Antonio Saco y Arce, Luis Rodríguez Seoane, Anastasio R. López, José Rodríguez Mourelo, Ramón Barros Sivelo e Valentín de Nóvoa. Cesou o 25 de outubro de 1880.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]