Redwashing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O vermello foi historicamente unha cor asociada coas diferentes correntes de esquerda política.

Redwashing (do inglés red, vermello, e whitewash, branquear ou encubrir), lavado vermello ou lavado de imaxe vermello é unha forma de propaganda na que discursos de esquerda son usados de maneira enganosa para promover a percepción de que unha organización, empresa ou persoa está comprometida coa igualdade social.[1][2][3][4]

Trátase dunha práctica común entre partidos políticos de dereita, de centro ou liberais durante actos públicos, en especial durante o período electoral. Nos seus discursos afirman favorecer a igualdade, por exemplo, apoiando a loita contra a pobreza ou defendendo as mesmas oportunidades para toda a cidadanía. Con todo, unha vez alcanzado o goberno promoven contrariamente unha maior desigualdade social.

En ocasións o termo redwashing utilízase tamén para denominar a práctica de desprestixiar unha determinada organización ou partido político que realmente defende a igualdade social. Nestes casos, búscase deslexitimar o argumentario destes colectivos ao presentalo como extremista ou obsoleto, buscando dar a impresión de que é unha ideoloxía de esquerdas perigosa para o conxunto social e en contraposición a outro ideario que se evidencia como máis razoable.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]