Rebeca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rebeca e Eliezer, por B. E. Murillo, 1652 (Museo do Prado, Madrid)

Rebeca (do hebraico רִבְקָה, transl. Rivqá), é unha personaxe do Antigo Testamento, filla de Betuel, irmá de Labán, dona de Isaac e nai de Xacob e Esaú. É tamén a tía de Raquel e a sobriña de Sara, da cal tería herdado a beleza.

Eliezer[editar | editar a fonte]

Gustave Doré - Eliézer e Rebeca

Rebeca foi descuberta por Eliezer, servo de Abraham, que orou a Deus e pediu un sinal, no cal aparecese unha doncela de gran fermosura que dará de beber auga a el e aos seus camelos antes de a si mesma (Xénese 24;43-46). O dote de Rebeca foi o de maior proporción e riquezas da época. Foron ofrecidos dez camelos (Xénese 24;10) e varios utensilios de ouro. Despois de ter saciada a súa sede e a dos seus camelos, Eliezer inmediatamente deu a Rebeca un colgante e dúas pulseiras de ouro (Xénese 24;47), e o resto do tesouro foi para o seu pai Betuel.

Talentos[editar | editar a fonte]

Rebeca era moi boi cociñeira, e ensinou todo a seu fillo Xacob que á súa vez era moi parecido coa nai, e estaba atento a todas as cousas que Rebeca facía.

Isaac e Xacob presentándose a Esaú. Gravure de Gustave Doré

Rebeca tiña certeza que Xacob era o verdadeiro herdeiro da beizón de Deus, pois soubera ela interpretar a profecía "o maior servirá ao menor." (Xénese 25;23) Ora ben, Esaú de feito era o maior e máis forte, era grande de estatura, e o seu corpo era peludo (Xénese 25;25), non daba moita importancia no valor da primoxenitura e chegou a trocala por un prato de lentellas (Xénese 25;34), tomaba para si mulleres estranxeiras (Xénese 23:34). Rebeca ensinou tamén a Xacob o valor da súa parentela (Xénese 26:35), pola cal el tomaría para si soamente mulleres do seu pobo: (que no futuro sería a súa sobriña, a bela Raquel).

Beizóns[editar | editar a fonte]

Rebeca tiña certeza que estaba a facer a vontade de Deus cando aconsellou a Xacob facerse pasar por Esaú e recibir as beizóns de de Deus (Xénese 27;6-17). Xacob entón recibiu todas as beizóns de Deus, Xacob é o pai da nación de Israel xunto coa bela Raquel e Lea, as nais, e Rebeca, a avoa.

Morte[editar | editar a fonte]

Rebeca adoeceu durante o exilio de Xacob na casa de seu irmán Labán, e morreu durante o retorno de Xacob a Canaán coa súa grandiosa familia, empregados, e posesións. Débora foi quen coidou de Rebeca até o seu falecemento.

Rebeca morreu nun lugar que Xacob chama de Alon Bachut (hebraico: אלון בכות), “carballo do pranto”. A Biblia só fala respecto da morte de Débora, ama de Rebeca (Xénese 35:8). De acordo co Midrash, o formulario plural da palabra Alon Bachut traduce unha "tristura dupla", indicando que Rebeca tamén tería morrido neste lugar.

Conforme a tradición, Rebeca foi enterrada na caverna dos Patriarcas, en Hebrón.

Fontes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]