Rebeca (nome)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rebeca é un nome feminino galego de orixe hebraica.

A primeira mención ao nome atopase no Antigo Testamento (véxase Rebeca), coma dona de Isaac (fillo do patriarca Abraham), e nai de Xacob e mais de Esaú.

Rebeca é un dos nomes máis populares para as raparigas nos Estados Unidos, Australia, Canadá, Irlanda, Reino Unido e Suecia. En Galiza non é un dos nomes máis populares, con todo 2.879 mulleres levan este nome nas catro provincias[1]. Ningunha das parroquias galegas leva o nome de Rebeca como padroeiro, logo non era un nome común en Galiza.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O seu significado máis probábel é ‘fascinante’. Pode ser de orixe aramea, aínda que isto é controvertido. W. F. Albright sostivo que significa ‘terra’, e que era o nome dunha deusa-terra. En grego tamén pode significar ‘fertilidade’.

Onomástica[editar | editar a fonte]

  • 23 de marzo: Rebeca de Himlaia (Santa Rebeca de Himlaia - Rafka Choboq Ar-Rayes) nada en Himlaia, o 29 de xuño de 1832 e finada en Batroun o 23 de marzo de 1914. Foi unha relixiosa maronita libanesa, o seu nome real era Petra Choboq Ar-Rayes, descendía dunha familia campesiña.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Históricas[editar | editar a fonte]

  • Rebeca, muller da Biblia do Antigo Testamento.

Galegas[editar | editar a fonte]

Estranxeiras[editar | editar a fonte]

  • Rebecca Mader, Cambridge, 1977 , é unha actriz inglesa.
  • Rebecca Romijn, Berkeley, California, EUA, 1972, é unha actriz e modelo estadounidense.
  • Rebecca West, Londres, 1892, foi unha escritora e xornalista de orixe irlandesa.
  • Rebecca Latimer Felton, Georgia, EUA, 1835, foi unha escritora, profesora, reformista estadounidense.
  • Rebeca Clarke, Harrow, Inglaterra, 1886, foi unha compositora e violista inglesa.
  • Rebeca Correa, Lisboa, 1655, foi unha poeta e tradutora neerlandesa-portuguesa en lingua castelá.
  • Rebeca Acevedo, Santiago de Chile, 1902, foi unha profesora e botánica chilena.
  • Rebeca Matte Bello, Santiago de Chile, 1875, foi unha escultora chilena.
  • Rebecca Hall, Londres, Inglaterra, 1982, é unha actriz británica de cinema e televisión.

Variantes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]