Rafael Cuíña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Cuíña

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xaneiro de 1972 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Lalín, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Lalín
2015 – 2019
← Xosé Crespo IglesiasXosé Crespo Iglesias → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , empresario Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCompromiso por Galicia
Partido Popular de Galicia
Acción Galega Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiXosé Cuíña Editar o valor em Wikidata

Twitter: Rafiklalin Editar o valor em Wikidata

Rafael Luís Cuíña Aparicio, nado en Lalín o 13 de xaneiro de 1972, é un empresario, político e columnista galego, fillo do político Xosé Cuíña.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito.[cando?][Cómpre referencia] Ex-militante do Partido Popular de Galicia, era unha das caras coñecidas da rama galeguista neste partido[1]. Escribiu para diversas publicacións como Vieiros, Xornal de Galicia ou o xornal A Peneira, e acadou certa sona pola súa pertenza á asociación cívica na defensa da lingua galega, ProLingua. Así mesmo, forma parte do equipo permanente do Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómi­cos (IGEA) que dirixe o nacionalista Anxo Quintana[2].

Membro da plataforma galeguista Acción Galega, o 14 de abril de 2012 anunciou a súa marcha do Partido Popular [3], integrándose en xuño dese mesmo ano na organización política Compromiso por Galicia. Nas filas desta formación concorreu como cabeza de lista por Pontevedra ás eleccións ao Parlamento de Galicia 2012, malia non acadar finalmente representación. Nas municipais de 2015 foi candidato de Compromiso por Galicia á alcaldía de Lalín e foi elixido alcalde grazas a un pacto de goberno co PSdeG e PAC. Nas municipais de 2019 perdeu a alcaldía ó recuperar o PPdeG a maioría absoluta. No 2023 volveu encabezala candidatura de Compromiso por Galicia mais non logrou recuperala alcaldía dado que o PPdeG mantivo a maioría absoluta.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]