A Peneira
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Peneira é unha publicación periódica quincenal en galego que se edita en Ponteareas desde 1984 por Edicións A Peneira. Co xornal repártese o suplemento cultural Kalaikia.
Edicións A Peneira dispón de dúas cabeceiras maís, A Peneira do Condado e A Peneira da Louriña que son referentes da prensa comarcal na súa zona de influencia.
Asemade edita un suplemento para a zona de Vigo - Baixo Miño - Val Miñor, que sae unha vez ao mes.
A súa páxina web é das páxinas galegas de información máis vistas[Cómpre referencia].
- Director: Guillermo Rodríguez
- Redactor Xefe: Antón Fernández
- Redacción: Ramón Couñago, María Díaz, Manrique Fernández, Diego Giraldez, Amparo Rodríguez.

