Radio Océano
| Radio Océano | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | A Coruña, Galiza |
| Período | 1981 - 1987 |
| Xénero(s) | Rock |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) Rossmero (Santiago Romero) Quique Renato 414 (Pablo Iglesias) Sitdown (Sito Evangelista) Pablo Constenla Dani Punta Jorge Fernández Santi Pazos |
| Antigos membros | {{{antigos_membros}}} |
| Web oficial | |
Radio Océano foi un grupo de pop-rock galego creado na Coruña en 1981 (aínda que con algún músico de Ferrol) a partir da banda División Atlántica. Foron moi activos na escena do rock galego da época, que eles axudaron a fundar.
Índice |
[editar] Historia
O grupo formárono os xornalistas coruñeses Xosé Manuel Pereiro (hoxe na TVE e correspondente de El País), e Santiago Romero en 1981 e axiña comezaron a tocar cos grupos que naquel momento comezaban a facer música rock na Galiza (Siniestro Total, Os Resentidos). Tamén facían parte da publicación alternativa La Naval (1986-1987) e colaboraban co poeta Lois Pereiro.
Foron os gañadores dun concurso para novos grupos de Radio Nacional de España, o que lles permitiu gravar o seu único LP (Nin falta que fai), no ano 1985. O seu disco é unha obra seminal do rock galego e ademais de ser unha peza de coleccionista é valorado como un dos discos fundamentais na historia do rock galego.[1].
Disolvéronse en 1987. O seu baixista nesa época cambiou mais tarde o seu nome artístico e converteuse en Pablo Bicho. O batería das formacións terceira e cuarta (1984-1987), Dani Punta, tocaba simultaneamente no grupo Viuda Gómez e Hijos.[2]
Antigos compoñentes de Radio Océano organizaron un concerto homenaxe a cargo de varios grupos, que tivo lugar o 22 de abril de 2010 na sala Nasa de Santiago de Compostela. Nese concerto, os compoñentes da segunda formacion subiron a un escenario xuntos por primeira vez dende había 25 anos, e interpretaron algunhas das súas cancións máis recordadas.
Actualmente estase a preparar un disco recompilatorio que reúna as cancións de Radio Océano nun só volume. Pablo Iglesias está a traballar nunha masterización máis moderna e limpa cás da epoca, que dea mostra da potencia do grupo e as súas composicións.
[editar] Membros
[editar] Primeira formación 1981-82
- Renato 414 (Pablo Iglesias) - batería
- Rossmero (Santiago Romero) - guitarra
- Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) - voz
- Quique - baixo
[editar] Segunda formación 1982-84
- Renato 414 (Pablo Iglesias) - guitarra
- Rossmero (Santiago Romero) - baixo
- Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) - voz
- Sitdown (Sito Evangelista) - batería
[editar] Terceira formación 1984-87
- Renato 414 (Pablo Iglesias) - guitarra
- Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) - voz
- Pablo Constenla - baixo
- Dani Punta - batería
- Suso Iglesias utilizou a gaita galega na gravación do tema "Terra Chá"
[editar] Cuarta formación 1987-88
- Johnny Rotring (Xosé Manuel Pereiro) - voz
- Dani Punta - batería
- Jorge Fernandez - guitarra
- Santi Pazos - baixo
[editar] Discografía
LP
- Nin falta que fai (1985) RNE
Outros
- "Hago cine con mi coche" - "Pánico en las Falkland" (maqueta gravada no estudo de Romaní na Coruña) 1983
- "Hago cine..." - "Narcisismo" - "Volverás" - "Quisiera que Stanley..." (maqueta gravada en Lisboa) 1984
O tema "Narcisismo", con letra de Lois Pereiro, foi incluído no recompilario Rock Gallego. Donde estabas tú? (DRO, 1994). En 2011 foi versionada por Das Kapital e incluída no seu disco Ruído negro.
[editar] Notas
- ↑ http://www.zonadeobras.com/revistas/numeros/numero10/10discos.asp
- ↑ Ruta 66, nº 15, febreiro de 1987, p. 12.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Entrevista con Xosé Manuel Pereiro (consultado o 9 de agosto de 2008).
- Vídeo de Radio Océano en vivo (10/2/85) no Festival de Solidariedade cos Traballadores de ASTANO (consultado o 9 de agosto de 2008).
- «Mañana era lunes en la fábrica», artigo de Manuel Rivas en El País, 13 de febreiro de 1985 (consultado o 9 de agosto de 2008).