Raúl Guerra Garrido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaúl Guerra Garrido
Biografía
Nacemento4 de abril de 1935 Editar o valor em Wikidata
Madrid (Segunda República Española) Editar o valor em Wikidata
Morte2 de decembro de 2022 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Donostia (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional e farmacia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , farmacéutico , ensaísta Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela, conto e ensaio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 155683

Raúl Guerra Garrido, nado en Madrid o 4 de abril de 1935 e finado en Donostia o 2 de decembro de 2022, foi un escritor español.[1][2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido en 1935 en Madrid e de ascendencia leonesa, viviu a súa infancia en Cacabelos, comarca do Bierzo. Cursou estudos de Farmacia, e obtivo o doutoramento. En 1960 estableceuse no País Vasco, e desde ese ano residiu na cidade de Donostia, onde exerceu como farmacéutico comunitario. Faleceu o 2 de decembro de 2022.

En 1969 publicou a novela Ni héroe ni nada, á que seguirá en 1970 Cacereño, narración con concomitancias biográficas, que se refire ao tema da emigración ao País Vasco. En 1971, aparece o ensaio divulgativo Medicamentos españole, editado por Dopesa, sobre o mundo do medicamento e a profesión farmacéutica. En 1976, gaña o Premio Nadal, pola súa novela Lectura insólita de ‘El capital’, que foi reeditada por Destino no ano 2001 con motivo do seu 25 aniversario. Nela, un industrial vasco é secuestrado por un grupo abertzale de ultraesquerda e para soportar o seu secuestro dispón tan só dun único libro: unha versión resumida de O capital de Karl Marx. En 1987, Mondadori publicou La mar es mala mujer, da que se fixo unha versión cinematográfica a cargo de Ferrán Llagostera, co propio Garrido como coguionista. Cultivou tamén a novela negra e policíaca con títulos como Escrito en un dólar (Planeta, 1983), La costumbre de morir e Tantos inocentes, (Espasa narrativa, 1996), galardoada en 1997 co Premio novela negra da Cidade de Xixón. No 2000 publicou El otoño siempre hiere.

Foi residente en Euskadi, membro fundador do Foro Ermua e defensor de actitudes políticas críticas co nacionalismo peneuvista e o pacto de Estella. Os seus artigos alertan sobre a fractura social en Euskadi. A súa oficina de Farmacia no barrio de Alza en Donostia sufriu varios ataques de kale borroka, que en xullo do 2000 acabaron por deixar completamente calcinado o establecemento, tras o cal Guerra Garrido decidiu clausuralo definitivamente. A presión proetarra fixo que o escritor meditase seriamente a posibilidade de abandonar o País Vasco, como si fixeron outros intelectuais en circunstancias similares.

No 2001, foille concedido en Barcelona, nun acto que tivo lugar no Gran Teatro do Liceo, o premio farmacéutico do ano, promovido polo editorial Maio. Fíxolle entrega do galardón a ministra de Sanidade Celia Villalobos. No ano 2006 foille concedido o Premio Nacional das Letras Españolas. Tamén foi galardoado coa Medalla ao Mérito Constitucional outorgada polo Goberno de España.

En 2012 publicou a novela La estrategia del outsider o la vuelta al mundo de Naraya Sola, unha aguda reflexión sobre a dignidade que, segundo explicou o escritor, consiste en «ser un mesmo precisamente cando seguir sendo ti mesmo é o que máis pode prexudicarte», e en 2016 Tertulia de rebotica, unha recompilación dos máis de 400 artigos publicados polo autor na revista El Farmacéutico, escritos no seu día para non esquecer as súas orixes como farmacéutico en San Sebastián.

Obra[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • Ni héroe ni nada (1969). Literoy
  • Cacereño (1970). Alfaguara
  • El pornógrafo (1971). Literoy
  • ¡Ay! (1972). Richard Grandio.
  • La fuga de un cerebro (1973). Editorial Nacional
  • Hipótesis (1975). Destino
  • Lectura insólita de 'El Capital' (1977). Destino.
  • Copenhague no existe (1979). Destino
  • La costumbre de morir (1981). DiscoLibro
  • Escrito en un dólar (1983). Planeta
  • El año del wólfram (1984) Planeta. Finalista do Premio Planeta 1984.
  • La mar es mala mujer (1987). Mondadori
  • La carta (1990). Ediciones de la Plaza
  • El síndrome de Scott (1993). Espasa Calpe
  • Tantos inocentes (1996). Espasa Narrativa
  • Castilla en canal (1999). Muchnik Editores
  • El otoño siempre hiere (2000). Muchnik Editores
  • La Gran Vía es Nueva York (2004). Alianza Literaria
  • La soledad del ángel de la guarda (2007). Alianza Literaria
  • Quien sueña novela (2010). Alianza Editorial.
  • La estrategia del outsider o la vuelta al mundo de Naraya Sola (2012). Alianza Editorial
  • Demolición (2018). Alianza Editorial

Narrativa curta[editar | editar a fonte]

  • Micrófono oculto (1980). Donostia: Ediciones Vascas. Reed. CECISA, Madrid, 1991.
  • La sueca desnuda (1984). Xixón: Noega.
  • Maitasun objetu eztizkoa ("Doce obxecto de amor") (2988). La Primitiva Casa Baroja
  • Viaje a una provincia de interior (1990). Valladolid: Ámbito.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Medicamentos españoles (1972). Barcelona: Dopesa.
  • El telemirón (1982). Donostia: CAP.
  • Mis más bellas derrotas (1994). Madrid: Libertarias.
  • Esto no es un ensayo sobre Miró (1994). Valencia: Marfil.
  • Tertulia de rebotica (2016). Madrid: Alianza Editorial. Recompilación de artigos farmacéuticos.
  • Un morroi chino con un higo en la coleta (2018). Colección Baroja & Yo. Pamplona: Ipso ediciones

Premios[editar | editar a fonte]

  • 1972: Premio Ciudad de Oviedo, por ¡Ay!
  • 1976: Premio Eugenio Nadal por Lectura insólita de 'El Capital'
  • 1996: Premio internacional Rodolfo Walsh da Semana negra 1997 de Xixón, por Tantos inocentes
  • 2003: Orde do Mérito Constitucional[4]
  • 2009: Premio Fernando Quiñones, por Quien sueña novela
  • 2019: Gran cruz da Orde de Alfonso X o Sabio[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Agencia EFE (2022-12-02). "Fallece el escritor Raúl Guerra Garrido a los 87 años". Cadena COPE (Madrid). Consultado o 2022-12-02. 
  2. Redacción. "Home". Raúl Guerra Garrido (en castelán). Consultado o 2023-11-11. 
  3. Rico, Manuel (2022-12-03). "Raúl Guerra Garrido, un magisterio literario y cívico". El País (en castelán). Consultado o 2023-11-11. 
  4. "BOE-A-2003-22444 Real Decreto 1635/2003, de 5 de diciembre, por el que se concede la Medalla de la Orden del Mérito Constitucional a don Raúl Guerra Garrido.". www.boe.es. Consultado o 2023-11-11. 
  5. EFE (2019-03-27). "Guerra Garrido recibe la Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2023-11-11.