Río Katonga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa dos ríos e lagos de Uganda

O Katonga é un río da parte sur de Uganda, na África Oriental.

Nace no Lago Vitoria, en Lukaya (Distrito Kalungu), e flúe, primeiramente, cara ao norte, cara ao Lago Wamala. Logo o río corre cara ao oeste até Mpanga (Distrito Kamwenge), desaugando no Lago George, que se conecta mediante a canle de Kazinga co Lago Edward, lago que acha na fronteira entre Uganda e a República Democrática do Congo. O río na súa viaxe cara ao oeste atravesa os seguintes distritos ugandeses: Kalungu, Bukomansimbi, Mpigi, Butambala, Gomba, Mityana, Mubende, Sembabule, Kiruhura, Ibanda e Kamwenge.

A lonxitude do río é de aproximadamente 220 km.[1]

Posúe o parque nacional denominado Reserva de Katonga que abrangue aproximadamente 211 km2 e se atopa nas ribeiras do propio río. Nestas terras húmidas é común albiscar elefantes, antílopes acuáticos, reduncas, macacos colobos, lontras ou sitatungas.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazón externa[editar | editar a fonte]