Punk blues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Punk blues
Orixes do estilo: punk rock, protopunk, blues, garage rock, blues-rock
Orixes culturais: principios dos 80 nos Estados Unidos
Instrumentos típicos: guitarra, batería, piano, harmónica, órgano Hammond, órgano Farfisa organ, baixo
Popularidade: underground con algún éxito entre o gran público nos 90 e 2000

O punk blues (ou blues punk) é un xénero musical que fusiona punk rock e blues. Os músicos e bandas de punk blues normalemente incorporan tamén elementos de xéneros relacionados, como o protopunk e o blues-rock. As súas orixes están fortementa ligadas ao son do garage rock dos 60 e 70. O punk blues pode verse como un xénero que ten a crudeza, a simplicidade e a emoción que comparten o punk rock e o blues.

Orixes[editar | editar a fonte]

Antes dos comezos do movemento punk de finais dos 70, moitos importantes precursores como MC5, The Stooges, The Who, The Sonics, Captain Beefheart e The New York Dolls amosaron a súa fascinación polo blues estadounidense.

Allmusic di que o punk blues deriva da influencia do "son garage rock de mediados dos 60, do aullido primitivo dos inicios de Captain Beefheart, e especialmente do son cru e desesperado do disco Fire of Love de Gun Club, editado en 1981". Tamén segundo Allmusic.com, "...punk blues realmente aparece a principios dos anos 90 con bandas como os seminais Jon Spencer Blues Explosion, The Oblivians, The Gories e os Gibson Brothers", e "continuou nos 2000 con máis presencia grazas á popularidade de The White Stripes". John Doe, da banda punk X, afirma que Jeffrey Lee Pierce e The Gun Club inventaron un estilo de música completamente novo mesturando punk e blues.

Bandas relacionadas[editar | editar a fonte]

Comezando polo seu álbum de 1988 Prison Bound, a banda de punk rock Social Distortion comezou a incorporar influuencias rockabilly, country e blues na súa música. A principios dos 90, a artista inglesa PJ Harvey tamén explorou unha variante vangardista do estilo.

A escena garage rock de Detroit, da que sairon bandas como The White Stripes, continua proporcionando músicos e bandas que poden reacionarse co punk blues, como The Detroit Cobras, Geraldine, Mystery Girls, The Reigning Sound, Soledad Brothers ou The Von Bondies. O grupo de Boston Mr. Airplane Man tamén basea a súa música neste estilo.

As bandas de indie rock The Gossip, The Kills, Deadboy & the Elephantmen e Big John Bates foron asociadas polos medios ao son punk/blues.