MC5
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| MC5 | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Detroit, Míchigan, |
| Período | 1964 - 1972 2003 - actualidade |
| Xénero(s) | punk rock, garage rock, hard rock, protopunk |
| Selo(s) discográfico(s) | Elektra, Rhino, Atlantic |
| Membros | Handsome Dick Manitoba Wayne Kramer Dennis Thompson Michael Davis |
| Antigos membros | Rob Tyner Fred "Sonic" Smith Patrick Burrows Steve Moorhouse Bob Gaspar Ray Craig |
| Web oficial | |
MC5 é unha banda estadounidense formada inicialmente en Lincoln Park, Míchigan no ano 1964. Son coñecidos coma un dos precursores do punk rock. Orixinalmente estivo activa dende 1964 ata 1972, e reformouse no ano 2003 co vocalista de punk Handsome Dick Manitoba da banda The Dictators. A súa formación orixinal estaba composta polo cantante Rob Tyner, os guitarristas Wayne Kramer e Fred "Sonic" Smith, o baixista Michael Davis e o batería Dennis Thompson.