The Sonics

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Sonics
Orixe Tacoma,, Washington Flag of the United States.svg
Período 19601969
2008-actualidade
Xénero(s) garage rock, protopunk
Selo(s) discográfico(s) Etiquette
Jerden Records
Norton Records
Membros Gerry Roslie
Andy Parypa
Larry Parypa
Rob Lind
Bob Bennett

The Sonics é un grupo de garage rock que xurdiu durante a vaga de grupos de rock na costa do Pacífico estadounidense a principios e mediados dos anos sesenta. Foron pioneiros deste subxénero xunto con outras bandas como The Kingsmen, The Wailers, The Drastics ou The Dynamics. Este movemento serviu como base da recoñecida escena musical do área de Seattle, que perdura ata os nosos días.

O son de The Sonics é bastante máis ruidoso, cru e brutal que o de calquera outro grupo contemporáneo seu. Pese a que tiñan unha formación bastante clásica en canto aos instrumentos, conseguiron o seu son identificativo mediante apaños salvaxes de temas coñecidos, letras provocativas e o uso habitual de guitarras eléctricas distorsionadas ata o máximo posible.

Xénero[editar | editar a fonte]

Os seus temas son unha mestura entre o garage rock (Louie, Louie, Have love, will travel) o rock and roll (Jenny, Jenny) e composicións propiamente do seu xénero coma Psycho e The Witch, todas elas baseadas en secuencias sinxelas de acordes e interpretadas de forma pesada e rápida (algo tamén típico do punk).

As primeiras letras de The Sonics estaban en consonancia coa cultura xuvenil e adolescente dos anos sesenta (mozas, surf, coches, guitarras), pero tamén incluían temas de aspectos máis escuros e provocadores como a estricnina, as bruxas, os psicópatas ou o Demo ( nas cancións Strychnine, The Witch, Psycho ou Hei's waiting).

Membros[editar | editar a fonte]

A formación clásica de The Sonics (a que gravou Here are The Sonics) era:

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Recompilatorios[editar | editar a fonte]

  • Merry Christmas - 1965 (Etiquette)
  • Introducing The Sonics - 1967 (Jerden)
  • Explosives - 1973 (Buckshot)
  • The Sonics - 1978 (SRT)
  • Live Fanz Only - 1986 (Etiquette)
  • The Sonics - Busy Body!!! Live in Tacoma 1964 - 2007 (Norton)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]